- Bodegas Martín Códax lanza “Fragmentos de Onte”, unha edición especial composta por unha colección de 6 botellas que recollen o legado fotográfico sobre Galicia da americana Ruth Matilda Anderson
- Etiquetas únicas que mostran fragmentos da vida de profesións astesanais tradicionalmente femininas como son as redeiras, leiteiras, mariscadoras, palilleiras… Sen esquecer a beleza do cotiá de Galicia, da súa tradición e orixe
Fragmentos de vida feminina, da beleza do cotiá e do bo facer apostando polo noso. Esta é a homenaxe que Bodegas Martín Códax lle quere facer a Galicia e as mulleres galegas na súa nova edición especial denominada “Fragmentos de Onte”. Un recoñecemento á tradición e á orixe nas etiquedas do seu albariño Martín Códax, que se viste de feminidade grazas ao legado fotográfico da americana Ruth Matilda Anderson.
Rendir tributo ás profesions máis artesanais de Galicia
Unhas profesións nas que as protagonistas son, sen dúbeda, as mulleres galegas. Redeiras de Marín, leiteiras de Muros, mariscadoras de Carril, palilleiras de Muxía, oleiras de Niñodaguia en Ourense, ou vendedoras da Praza da Leña en Pontevedra… Todas elas represéntanse en cada unha das 6 botellas de “Fragmentos de Onte”.
Unha colección que estará dispoñible por tempo limitado e que está composta por 6 botellas únicas e diferentes, ilustradas coas imaxes de Ruth Matilda Anderson. Una fotógrafa, que nos anos 20, afondou na vida dun pobo grazas ós relatos visuais que realizou.
“Fragmentos de Onte”, a Exposición
Coincidindo co lanzamento da edición especial, Bodegas Martín Códax levará a Vigo e Santiago unha exposición sobre o traballo de Ruth Matilda Anderson. Faino en colaboración coa Asociación Etnográfica Sete Espadelas. A “Exposición Fragmentos de Onte”, conta tamén cunha escolma de máis de 60 traxes, froito de cinco anos de investigación sobre a viaxe de Anderson a Galicia. Deste xeito, pretende reproducirse o que viviu a fotógrafa cando chegou a nosa comunidade. A mostra tamén ofrece unha recopilación de aparellos de labranza, obxectos do fogar e diferentes elementos orixinais da época.
En definitiva, unha viaxe cen anos atrás na que dar visibilidade os vellos oficios xa esquecidos, as feiras, as romarías, os traballos no mar e no campo…
A primeira parada da exposición será Vigo, do 20 de abril ó 10 de xuño na Sede de Afundación (rúa Policarpo Sanz, 24-26). Despois a mostra trasladarase a Santiago, dende o 21 de xuño ó 29 de xullo, na Igrexa da Universidade de Santiagode Compostela.