-
O Premio Alfredo Vicenti, que nace con vocación de continuidade, está dotado con 1.000 € e un recordo conmemorativo
-
O prazo de presentación dos traballos finalizará ás 12 horas do 30 de outubro de 2018 e o fallo do xurado darase a coñecer o 20 de novembro
Con motivo da conmemoración do seu décimo aniversario o Ateneo de Santiago convoca o I Premio Alfredo Vicenti de Xornalismo Cívico co obxecto de impulsar traballos xornalísticos que contribúan a promover un debate cívico sobre asuntos de interese social, favorecendo o espazo público para mellorar a calidade de vida dos cidadáns.
O Premio Alfredo Vicenti do Ateneo de Santiago está dotado con 1.000 € e un recordo conmemorativo. Poderán optar ó premio tódolos traballos en galego ou castelán que aborden temas de interese cívico ou ciudadán publicados ou difundidos entre o 1 de novembro de 2017 e o 30 de outubro de 2018.
O prazo de presentación dos traballos finalizará ás 12 horas do 30 de outubro de 2018 e o fallo do xurado darase a coñecer o 20 de novembro (aniversario do nacemento de Alfredo Vicenti) nun acto público do Ateneo de Santiago.
O xurado estará formado polo presidente do Ateneo de Santiago, o decano do Colexio de Xornalistas de Galicia e o Decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC entre outras personalidades.
Máis información, bases completas e formulario de inscripción neste enlace.