O Colexio de Xornalistas crea o rexistro de medios dixitais galegos “NRede”

  • Un rexistro de medios dixitais para combatir a desinformación e para que a sociedade identifique as empresas que realmente realizan un labor xornalístico
  • “NRede” tamén busca axudar aos medios dixitais galegos a que teñan acceso a subvencións públicas e a acreditacións en eventos e roldas de prensa

A creación dun rexistro de medios dixitais é unha iniciativa que busca dignificar o xornalismo que se fai na rede. Unha iniciativa que xa se puxo en marcha noutras autonomías, como é o caso do ROMDA do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía. Por iso, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia acaba de poñer en marcha “NRede”.

Un rexistro de medios dixitais galegos que nace como distintivo dos medios de comunicación en internet e como garantía do seu traballo xornalístico. O obxectivo non é outro que facilitar a identificación destes medios diante da sociedade e facilitar a súa acreditación ou acceso a axudas públicas.

Un rexistro que chega ante a crecente aparición de espazos en internet susceptíbeis de seren considerados medios de comunicación. «NRede» ofrece así á cidadanía a garantía de que a información á que está tendo acceso é froito dun traballo profesional. Tamén que respecta a deontoloxía do xornalismo, distinguíndoa así doutro tipo de contidos dixitais. Igualmente, pretende servir de axuda para que estes medios teñan máis argumentos para o acceso a subvencións públicas ou para acreditarse en determinados eventos.

 É unha ferramenta necesaria nos tempos da dixitalización de contidos para separar o grao da palla; para que lectores e administracións identifiquen as empresas que realmente realizan un labor xornalístico”.

Francisco X. González Sarria, decano do Colexio de Xornalistas.

«NRede» tamén proporciona unha listaxe de medios de comunicación dixitais da nosa comunidade de libre acceso, que se pode tomar de referencia para a consulta de información ou para o envío de notas de prensa.

Todos os que cumpran cos requisitos serán recoñecidos tamén co selo de Medio Dixital Galego e contarán co seu propio número de rexistro. Este selo terá vixencia anual, sendo necesaria a súa renovación pasado ese tempo. Ademais, o Colexio de Xornalistas solicitaralle á Xunta de Galicia a inclusión dos medios certificados por NRede na Guía da Comunicación editada pola administración autonómica. 

Como inscribo o meu medio?

Para solicitar a inclusión no rexistro, o medio debe estar constituído como empresa xornalística ou entidade legalmente rexistrada (ou ben o seu/s autor/es ou autora/s estaren dados de alta como autónomos/as). Deberá estar ao corrente das obrigas con Facenda e a Seguridade Social e ter no cadro de persoal ou na organización empresarial cando menos unha persoa licenciada ou graduada en Xornalismo ou colexiada no CPXG.

Os medios inscritos deben desenvolverse principalmente na contorna dixital e cubrir información de interese xeral mediante a produción propia de contidos actualizada de forma periódica. Son requisitos tamén un mínimo de seis meses de traxectoria demostrable (tres anos no caso de anuarios) e o respecto ao Código Deontolóxico do Xornalismo Galego.

 Os medios interesados poden solicitar a inscrición en NRede a través da páxina web do Colexio de Periodistas de Galicia.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Banner-extradigital-noviembre-300x600-3
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos