O Colexio de Xornalistas de Galicia anuncia a súa oferta formativa para os próximos meses que consta de tres webinars. «De Ana Orantes a Diana Quer e mentres tanto A manada», será o primeiro e estará impartido por Isabel Menéndez o vindeiro 25 de marzo. O segundo asalto, o 22 de abril, será para «Informar sobre suicidio: cando, como e para que» e será exposto por Gabriel González. «A información relativa a menores no Protocolo de Comunicación do Ministerio Fiscal en Galicia», de Elena López cerrará o ciclo o 3 de xuño.
Os webinars do Colexio de Xornalistas realizaranse en xornada de sábado, en horario das 11.00 ás 13:00 horas. Será a través da plataforma de formación online do CPXG, a que se pode asistir tamén en diferido. O prezo da inscrición é de 9 euros para colexiados e colexiadas, 5 euros para xornalistas en situación de desemprego e estudantes, e 15 euros para xornalistas non colexiados/as. Aquelas colexiadas e colexiados que decidan inscribirse a todos os cursos terán un prezo reducido de 21 euros polos tres.
Para inscribirse é preciso enviar, antes do mércores anterior a cada curso, un correo a xornalistas@xornalistas.gal indicando o nome completo, DNI, enderezo de correo electrónico e número de teléfono (incluíndo tamén o número de colexiación ou unha fotografía do carné de estudante ou a carta de demandante de emprego, de ser o caso).