Democracia Ourensana EFE

O CPXG denuncia o veto de Democracia Ourensana a unha xornalista de EFE

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia considera intolerábel a actitude de Democracia Ourensana. O partido político vén de comunicar á Axencia EFE que non será benvida nas súas convocatorias de prensa se continúan a enviar a cubrilas a Lorena R. de la Torre. O CPXG transmítelle á xornalista a súa solidariedade e reclama ao partido que desista deste ataque á liberdade de prensa e á democracia.

 Según o Colexio de Xornalistas, os vetos a medios e xornalistas están a producirse cada vez máis na nosa sociedade. Unha situación a que cómpre poñerlle fin dunha vez por atentar contra á democracia. Según reza no comunicado enviado aos medios: «as e os xornalistas non están para que as organizacións comuniquen da maneira que máis lles agrade. Senón para garantir o dereito da cidadanía a informarse polo medio de comunicación que considere adecuado. Guste ou non aos protagonistas da información. Os e as profesionais que acoden ás conferencias de prensa son, pois, intermediarios da liberdade de información e do pluralismo informativo. Calquera exclusión a eles é un ataque a estos dereitos.«

O CPXG considera que a situación é aínda máis grave polo sinalamento e acoso que se fai a unha profesional en concreto. Unha clara intención de pór en perigo a súa situación laboral. Según o Colexio de Xornalistas non é a primeira ocasión na que desde Democracia Ourensana se atacan a medios ou xornalistas. «Perante as acusacións inxuriosas que o partido político dirixe contra ela, o conxunto da profesión non pode senón apoiar a Lorena R. de la Torre. Non é un asunto que a afecte só a ela, senón que o seu traballo representa o de todas e todos os xornalistas, que só resultando incómodos poden cumprir realmente o seu labor.«

Por todo isto, o Colexio de Xornalistas quere manifestar a súa solidariedade con Lorena R. de la Torre e trasladarlle o ánimo de toda a profesión xornalística galega. Así mesmo, esixe a Democracia Ourense que cese dunha vez de atacar a liberdade de prensa e garanta o acceso de todos os medios de comunicación, e de todos os e as profesionais, a calquera convocatoria de prensa.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos