O deseño galego unido no Galicia Design Weekend

  • Este venres e sábado celébrase en formato híbrido o Galicia Design Weekend, un festival que quere fomentar o intercambio co exterior, poñer en valor aos profesionais galegos e o seu patrimonio cultural, así coma formar as novas xeracións
  • Un congreso gratuito que se celebra de forma presencial en A Coruña e tamén en formato online, conta cun amplio programa de conferencias, conversas e proxeccións protagonizadas por grandes referentes do diseño galego e internacional

Como continuación de Follow20 e FollowSS21 nace a primeira edición do Galicia Design Weekend. Trátase dun festival de deseño, que ademáis de manter unido ao sector galego nestes tempos de distancia, busca achegalo ao gran público e fomentar a conexión e intercambio de talento co exterior. Outros dos seus obxectivos fundamentais son poñer en valor o tecido profesional do deseño galego e o seu patrimonio cultural, así coma servir de ferramenta de formación a novas xeracións.

Un festival, nesta primeira experiencia totalmente gratuíto, que conta cun amplio programa de conferencias, conversas e proxeccións, que chegan da man de grandes referentes do deseño galego e internacional que tomarán a palabra na Fundación Barrié da cidade de A Coruña.

Os denominados ‘Showcase’, “Showroom y “Creative Camp” completarán a oferta. O primeiro está composto por duas exposicións adicadas ao deseño galego, que poderánse visitar ata o 29 de agosto na Fundación Barrié e na zona de Os Cantóns. O segundo, trátase dun escaparate dixital de creación e espazos de deseños galegos dispoñibles na web do festival. Por último, o ‘Creative Camp’, é un porfolio no que os estudiantes de deseño poden enviar os seus traballos para recibir dos expertos consellos e recomendacións para melloralos.

Entradas presenciais esgotadas

Parece que o festival nace con moita forza, porque todas as entradas presencias están xa esgotadas. A pesar de todo, o seu formato híbrido permitirá a aqueles que o desexen non perderse nada do que alí suceda, xa que o Galicia Design Weekend poderá seguirse a través da pantalla gracias a súa retransmisión de forma online.

Podes inscribirte neste LIGAZÓN.

Antesala do Galicia Design Week 2022

Este formato concentrado nunha fin de semana, servirá como antesala do gran evento do sector do deseño previsto para o 2022, que non é outro que o Galicia Design Week.

Un evento que celebrarase en xuño do ano que ven e que será incluido no circuito de citas internacionais de ciudades coma Londres ou Nueva York. Mentres esperamos a chegada de ese gran festival, deixámosvos aquí o programa de actividades do “Galicia Design Weekend”:

Venres 30 de Xullo    10:00-20:00

Sábado 31 de Xullo 10:00-20:00

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Galicia

En Portada

Síguenos en Twitter

Quiénes Somos

Menú