- A Academia Galega do Audiovisual distingue o festival escolar por utilizar o cinema para educar en valores e promocionar a cultura e a lingua galega entre a xuventude
- O galardón será entregado no Encontro de Finalistas dos XVIII Premios Mestre Mateo que se celebra este venres na Coruña
Non hai mellor ano para recibir este premio que no que nos atopamos, porque neste 2020 o Festival Audiovisual Escolar Olloboi cumpre nada menos que unha década. Unha iniciativa dirixida o alumnado e profesorado dos centros escolares galegos, que xurde como resultado do traballo da Asociación Cultural Olloboi, creada no 2009 por un grupo de docentes da comarca do Barbanza. Unha das accións que máis éxito ten a día de hoxe é o seu festival de cine escolar, que chagará o seu fin o próximo mes de maio cun evento cheo de proxeccións, entrega de premios e ata un encontro de mozos e mozas creadores, profesorado e profesionais do audiovisual.
Por difundir o audiovisual galego entre a xuventude a través das creadoras e creadores e permitir que o talento dos nosos artistas faga canteira, a Academia Galega do Audiovisual decidiu outorgarlle a este festival o Premio Especial José Sellier 2020. Un evento que ademais canaliza a súa solidariedade a través da creatividade por medio de este certame que premia a orixinalidade, arte e compromiso dos traballos dos futuros profesionais. A Academia tamén resalta a súa labor por poñer en valor e fomentar o espíritu crítico e a visión persoal do alumnado a través do audiovisual.
Detrás do Festival Olloboi atópase un equipo diverso e multidisciplinar que se basa no traballo colaborativo. A iniciativa estableceu fortes vínculos coa cultura galega, o tecido social do Barbanza e a canteira do audiovisual, coa publicación na web do festival de vídeos educativos nos que participan os chamados “cómplices” do sector. Entre eles atópanse Miguel de Lira, Alfonso Zarauza, Jaione Camborda, Enrique Otero, Sandra Montes, Giselle Llanio, Jorge Coira, Sandra Sánchez, Luís Avilés, Ana Cermeño, Morris, Araceli Gonda, Xosé Castro e Andrés Mahía, Lucía C. Pan e Alberte Branco, Quico Cadaval, Mónica García, Ángel Amaro, Fany Bello, David Machado, Carlos Ares ou Beli Martínez.