- Markea e APD organizan o vindeiro martes 22 de febreiro ás 9.30h, o V Foro de Marketing e Vendas en Santiago de Compostela
- Profesionais do sector galego analizarán a evolución do comercio online e as tendencias de marketing neste 2022 sin cookies
O vindeiro martes 22 de febreiro o sector do marketing en Galicia ten unha cita a que non pode faltar: o V Foro de Marketing e Vendas. Será en Santiago de Compostela a partir das 9:30h no hotel Oca Puerta del Camino. Un evento que servirá para analizar cal está sendo a evolución do comercio online tras a pandemia e cales son as tendencias en marketing para afrontar este 2022 tan afectado pola desaparición das cookies. Falarase tamén de como afrontar a dificultade de chegar aos consumidores adaptándose ás novas modalidades e demandas de consumo, así coma o que se espera das marcas nunha sociedade cada vez máis preocupada polo mundo que a rodea.
Participantes e ponencias
Por parte de Markea participarán no V Foro de Marketing e Vendas Pepe Cabanas, presidente da entidade e CMO de Estrella Galicia; Lucía González, responsable de marketing de dinahosting e vicepresidenta do ente e Yago Díaz, director de marketing de Delikia e secretario da asociación.
Entre os ponentes invitados atopamos tamén a Beatriz Pereira, CEO de Iuni; Alberto Cochón, CEO de Carrick; Andrés Rodríguez, responsable de marketing de Marine Instrument; David Oreiro, director de marketing de Situm e Adrián Salgado, director de marketing de Zelnova.
Se sodes socios de APD podedes inscribirvos nesta LIGAZÓN. Se non sodes socios, escribide a comunicacion@markea.es para que vos xestionen a vosa entrada de balde.