outono-codax-2021

Outono Códax 2021 renderá homenaxe a Nova Orleans

  • O Festival de música negra de Galicia celebra este ano a súa 11ª edición co soul, jazz, swing, brass band e blues de 11 artistas entre o 11 de novembro e o 11 de decembro
  • Outono Códax fará unha homenaxe ao crisol multicultural de Nova Orleans e contará coa presenza de artistas internacionais como Judith Hill, Aurora Nealand, Izo Fitzroy ou Big Daddy Wilson

O próximo 11 de novembro dará comezo una nova edición do Outono Códax 2021, o festival galego de música negra. Un evento que chega baixo o patrocinio de Bodegas Martín Códax e que tamén conta coa colaboración de Pousadas de Compostela e Gadis. O festival impulsado por Raíña Productions e A Reixa, achegará a Galicia o mellor do xénero con sete citas en Santiago de Compostela (11, 19 e 26 de novembro e 3, 9, 10 e 11 de decembro). Uns concertos que volverán a xuntar os sons máis selectos do soul, jazz, swing ou blues.

Como xa é tradición, a programación inclúe a participación de artistas de referencia internacional, destacados nomes da escena estatal e algúns dos musicos galegos máis relevantes do panorama actual.


Selecto programa de artistas


A encargada de dar o pistoletazo de saída no Auditorio de Galicia será a cantante estadounidenses Judith Hill. A corista de Prince, Stevie Wonder e unha das voces seleccionadas para a xira This is it de Michael Jackson, terá en Galicia unha das dúas únicas actuacións en España.

Dende Nova Orleans, chegarán en exclusiva Aurora Nealand & The Royal Roses. Formación liderada por unha das saxofonistas máis aclamadas da escena musical da cidade, que terá coma convidado o clarinetista e afamado escritor Tom Sancton.

Nova Orleans é a fonte primixenia e fundamental de inspiración do combo madrileño Nola Brass Band ou de Theo Lawrence, un músico, cantante e compositor independiente que representa como poucos o cruzamento de culturas e sonoridades que representa a cidade de Luisiana.

Outros xéneros como o soul ou o blues tamén terán destacada presenza no Outono Códax 2021. Será da man do carismático bluesman Big Daddy Wilson e da londinense Izo Fitzroy.

Presenza Galega

Os artistas galegos tampouco faltarán neste festival, destacando a presenza de The Carlos Childe Band, Martins Aneiros Band, Pardo e The Allnight Workers, que se reúnen para esta ocasión, nove anos despois da súa disolución.

A programación do Outono Códax 2021, completarase cunha charla temática en torno á escena musical de Nova Orleans na que intervirán expertos da talla de Aurora Nealand, Carlos Childe, Jacobo Rivero ou Tom Sancton. Tamén haberá unhas xornadas gastronómicas de cociña cajún, a presentación de dous libros, cinco sesións pinchadas e tres catas de viño coa maridaxe de outono.

Os abonos e as entradas ya están a venda en A Reixa Tenda-Matrioska e a través de ataquilla.com.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos