Premio José Couso

O Premio José Couso de Liberdade de Prensa abre candidaturas

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol, acaban de abrir a convocatoria da décimo novena edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa. Poderanse presentar candidaturas ao galardón ata o luns 27 de febreiro ás 14:00 horas. O premio leva o nome do cámara ferrolán de Telecinco asasinado en Bagdad no 2003. Ten o obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente, destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente.

Calquera colexiado do CPXG ou socio do Club de Prensa de Ferrol pode entregar unha proposta. Igualmente, calquera persoa ou organización vinculada ao xornalismo está facultada para facer chegar a súa candidatura. O envío de candidaturas, con argumentación e currículum vitae, realizarase ao correo electrónico premiocouso@xornalistas.gal ou a través da páxina web do premio

O Premio José Couso é un recoñecemento promovido pola profesión xornalística galega. Non implica ningunha contía económica. O gañador ou gañadora recibirá un diploma acreditativo e o símbolo distintivo que representa o Premio, consistente nunha escultura de Manuel Patinha, que leva o nome de “Ás ceibes”.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos