Marcos Méndez Premio José Couso

O xornalista lucense Marcos Méndez gaña o Premio José Couso pola súa cobertura en Ucrania

Marcos Méndez, xornalista freelance lucense, acaba de converterse no gañador do XIX Premio José Couso de Liberdade de Prensa. Un galardón entregado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, e que conta coa colaboración do Concello de Ferrol. A candidatura de Marcos Méndez, resultou vencedora con maioría suficiente por parte do xurado e sen necesidade de darlle uso o voto de calidade do presidente. O Premio José Couso é un recoñecemento o seu labor xornalístico na guerra de Ucrania

Marcos Méndez Moreira (Lugo, 1976) é licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Navarra. Conta cun mestrado en Produción Audiovisual pola Universidad Complutense e outrode Industrias Creativas da Universidade de Santiago de Compostela. Traballou para medios de comunicación como Localia Telelugo, Atlas Galícia (Tele5), Antena3 e TVE. Desde 2010 traballa como xornalista freelance para a Televisión de Galicia, Radio Galega, laSexta, Tele5, Cuatro, Alianza Informativa Latinoamericana e Tv Caracol.

O seu labor xornalístico levouno aos cinco continentes, desde onde informou de acontecementos como as Olimpíadas de Sydney, a declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade ou a erupción do volcán Cumbre Vieja na Palma. Desde o 25 de febreiro de 2022 é correspondente na guerra de Ucraína. Os seus artigos para El Progreso, recollidos co título «Sobre o Terreo», valéronlle o premio da Asociación de Medios de Información no 2022. Un ano no que tamén foi recoñecido polos galardóns Lucenses do Ano.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos