xx-mestre-mateo

Os anuncios galegos que aspiran ao Mestre Mateo no 2022

  • 19 anuncios publicitarios compiten no 2022 por convertirse en finalistas dos Premios Mestre Mateo no ano do seu vixésimo aniversario
  • No mes de febreiro anunciaránse os finalistas, que nesta XX edición, loitarán por recoller o premio na gala que se celebrará o próximo 19 de marzo

Os membros da Academia Galega do Audiovisual (AGA) teñen ata o 31 de xaneiro para votar polos finalistas da edición deste ano dos XX Mestre Mateo. En 2022 estes premios cumpren nada menos que 20 anos de vida. Non se saberá quen gañará ata a celebración da gala de entrega de premios, programada para o 19 de marzo no recinto ferial Expocoruña.

Polo de agora o que sí coñecemos é a listaxe de candidaturas: 475 profesionais e 162 obras, divididas en 25 categorías. Do conxunto das candidaturas profesionais, o 40% son mulleres, o que mostra un adianto na fenda de xénero do audiovisual en Galicia.

Os candidatos do 2022

Na categoría de anuncio publicitario presentáronse un total de 19 obras. Entre elas, atopámos moitas campañas estreadas no nadal. Coma o caso do viño espumoso Alma Atlántica das Bodegas Martín Códax e o seu spot “Brinda con toda a alma”.

Outra bodega, neste caso Viña Costeira, tamén opta a facerse co galardón da man da súa campaña «Copas arriba, que imos brindar!». Un anuncio protagonizado polo actor Xosé A. Touriñán, e que vai acompañada do lema #amordebares .

Entre as candidaturas desde 2022 atopamos outras campañas relacionadas coa promoción do turismo, en especial, da cidade de Santiago de Compostela e o Camiño de Santiago. É o caso da do Xacobeo 21-22 «Camiña a Galicia». E non é de extrañar, xa que o Ano Santo Xacobeo do 2021 prorrogouse ata este ano, sendo así a primeira vez na súa historia que se celebra dous anos seguidos.

Como non, o supermercado Gadis preséntase co seu novo spot da recoñecida saga de «Vivamos como galegos» , que no pasado 2021 presentaba #ConxuroDefinitivo #PaDiante #EnchentaEmocional .

En ExtraDixital queremos destacar tamén o vídeo promocional encargado polo Concello de Lalín. Co nome de «É Lalín… soáche?», resalta pola importancia do seu son, achegándose a un vídeo ASMR da Galicia rural.

A continuación deixámosvos a listaxe de candidaturas ao completo:

Lista dos presentados á candidatura de anuncio publicitario
  1. Copas arriba, que imos brindar! (Undodez)
  2. Coruña Ambiental (Metronoventa Creatividad y Producción Publicitaria)
  3. Descubre tu Alma Atlántica (Congo Producciones Audiovisuales y Gráficas S.L.)
  4. É Lalín…soáche? (Lucas Terceiro, Marga Pazos e Wecom Consultora de Comunicación e RRPP)
  5. Empoderadas (Andrea Bouzo)
  6. Es mérito de todos (Metronoventa Creatividad y Producción Publicitaria)
  7. La leche que toda vaca querría dar (Kaito Estudios E Quattro IDCP)
  8. Larsa, aquí facémolo así (Congo Producciones Audiovisuales y Gráficas S.L.)
  9. Las Estrellas del Camino. Miradas de resistencia (Kaito Estudios,Aupa e Estrella Galicia)
  10. Merluza De Burela, cuando zarpa el Amor (Congo Producciones Audiovisuales y Gráficas S.L.)
  11. Nadal na casa (Mundoredondo)
  12. O difícil que é ser xusto (300 kilos S.L.)
  13. Propulsa: Danza + Paisaxe + Patrimomio
    (Miramemira SL.)
  14. Redes Vivas (Metronoventa Creatividad y Producción Publicitaria)
  15. Remamos xuntos (300 kilos S.L.)
  16. Santiago, al otro lado del espejo
    (INCOLSA -Turismo de Santiago- e Fernando Cortizo)
  17. Ti decides (Merenda Creativa)
  18. Vivamos como galegos #Conxurodefinitivo (Congo Producciones Audiovisuales y Gráficas S.L.)
  19. Xacobeo, Camiña a Galicia (Congo Producciones Audiovisuales y Gráficas S.L.)
O gañador de 2021

O gañador da edición anterior dos XIX Mestre Mateo foi “Desde o mar”, o spot feito para a Consellería do Mar da Xunta de Galicia por Juan Galiñanes e a axencia dixital Kaito Estudios. Se queres visualizar ó gañador do ano anterior podes facelo neste enlace.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos