anuncios Mestre Mateo portada

Os anuncios galegos que buscan ser finalistas aos Premios Mestre Mateo 2023

  • 28 producións galegas forman parte da a listaxe definitiva de candidatos na categoría de Anuncio Publicitario dos XXI Premios Mestre Mateo
  • Unha categoría que aumenta un 47,3% o número de aspirantes respecto ao ano 2022 e que contribuen a acadar o récord total de participación nestes galardóns

O vindeiro mes de marzo Ourense acollerá a gala dos XXI Premios Mestre Mateo. Os galardóns por excelencia do audiovisual galego organizados pola AGA, que neste 2023 baten o récord de participación con 194 candidaturas. Unha listaxe definitiva de candidatos que supón un incremento do 19,7% con respecto á pasada edición dos premios.

Un aumento de participantes que tamén se da na categoría de Anuncios Publicitarios dos Mestre Mateo que consegue un 47,3% máis de aspirantes. En total, 28 producións publicitarias galegas aspiran a facerse este ano cun Mestre Mateo. Agora os Académic@ da Academia Galega do Audiovisual terán que votar polo seu favorito ata o vindeiro 30 de xaneiro ás 14:00h. De ahí sacarase a listaxe definitiva de finalistas que competirán polo premio o 11 de marzo.

Os anuncios galegos finalistas

A continuación ensinámosvos cales son os 28 anuncios que buscan neste 2023 ser finalista aos XXI Premios Mestre Mateo:

“35 anos de Clínica Médico Dental Pardiñas – O teu dentista na Coruña” – Clínica Médico Dental Pardiñas.
«A solución é Ratibrom» – Recados Carmen.

“Agardámoste” – Centro de Formación de Audiovisuais da Deputación de Lugo, Deputación Provincial de Lugo.

“Ahorradores Gadis” – Congo Producciones.
“As Estrelas do Camiño. Miradas de Resistencia” – Kaito Estudios e Estrella Galicia.
“Audi Spain – Q4 E-tron” – Retina Visual.
“Clickfer, sabemos que sempre o levarás dentro” – Lúas Ideas e Clickfer.
“Compostela Rupestre” – Arraianos Producións.
Día de la Mujer 2022 – Miraveo Asset SL.
“Galicia sabe a estrellas” – Juan Galiñanes e Andrea Bouzo.
“Galicia. Xacobeo 21-22” – Congo Producciones.
“Galleria” – Escuela de Imagen y Sonido de Vigo (EISV)-Centro de Estudios Marcote SL.
“Larsa. Aquí facémolo así” – Congo Producciones.
“LOLA, Elegancia Innata” – Paco & Lola, Jacobo Areal.
“Love Rías Baixas” – Esmerarte Industrias Creativas.
“Moldeando la imaginación con Play-Doh” – Palmerita TV Y Algarabía Animación.
“Monfero, atrévete a descubrilo” – Ángel Cabezal Moreno.
“Pinceladas” – Escuela de Imagen y Sonido de Vigo (EISV)-Centro de Estudios Marcote SL.
“Rectoral de Amandi. Se lleva el Rosa” – Congo Producciones.
“Residente privilexiada” – Algarabía Animación.
“RGS Europe Vessel” – Retina Visual.
“Spot Mobalco Cocinas” – Miraveo Asset SL.
“Sustentabilidade” – 300 kilos agencia de publicidad SL.
“Ternera Suprema Gallega” – Congo Producciones.
“Torre de Núñez. Presos de las Prisas” – Congo Producciones.
“Vai Vai 2021” – 300 kilos agencia de publicidad SL.
“Vivamos como galegos” – Congo Producciones.
“Vive o noso Entroido” – Concello de Vilariño de Conso.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos