galo-celta-estrella

Os Galos Celtas tamén toman Estrella Galicia

  • A granxa avícola artesanal Galo Celta investiga, xunto o Centro Tecnolóxico da Carne, o desenvolvemento de produtos avícolas cardiosaludables con bagazo de Estrella Galicia
  • Esta investigación expón alternativas na alimentación das aves realizando combinacións con distintos ingredientes e analizando o seu potencial como suplemento forraxeiro.

Que na nosa comunidade a maior parte da xente bebe Estrella Galicia é unha realidade, pero e que agora tamén resulta que os galos e galiñas benefícianse das súas propiedades forraxeiras. Bueno non tod@s, polo momento tan só ós galos celtas da granxa avícola Galo Celta que está a investigar, xunto có Centro Tecnolóxico da Carne, as propiedades do bagazo da cervexa galega.

Mercado da colleita

Galo Celta é unha granxa avícola de Vila de Cruces dedicada á cría en liberdade de galos e galiñas, coñecida sobre todo polos seus ovos, unha auténtica xoia gastronómica. Pero no seu compromiso de levar ao mercado produtos avícolas artesáns e máis sostibles, están enfocando os seus esforzos en colaborar activamente co Mercado da Colleita, o proxecto de impacto social da Corporación Hijos de Rivera que impulsa o desenvolvemento socioeconómico do rural galego.

Bagazo de Estrella Galicia como suplemento alimenticio

Entre os novos ingredientes que están incluíndo na dieta dos seus galos e galiñas atópase o  bagazo da cervexeira galega. Un  subproduto, resultante do proceso de  prensado e filtración do  mosto obtido tras a  cocción do cereal malteado, que conta con propiedades positivas probadas na alimentación dalgunhas especies animais como é o caso das vacas leiteiras. Con esta investigación preténdese analizar as posibilidades que ofrece este subproduto para o sector da avicultura.

galo-celta

Unha acción que integra varias contribucións á sustentabilidade baseada no concepto da economía circular ao reintroducir o  bagazo da fábrica de Estrella Galicia a un novo ciclo produtivo e empregalo como materia prima, un recurso de proximidade que permite a Galo Celta reducir a súa pegada ambiental.

Para Galo Celta, como afirma David Sueiro: «o compromiso coa sustentabilidade que asumimos a todos os niveis está a permitirnos impulsar o negocio» .  Por iso traballan na transición das súas explotacións e procesos cara a un modelo que lles permita lograr un impacto neto positivo, un camiño que os levou a alcanzar xa fitos reseñables como conseguir que o seu produto estrela, os ovos de galiña máis caros do mundo, fosen tamén os primeiros en obter a certificación de pegada ambiental calculada en España.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos