anuncios finalistas mestre mateo

Os mellores anuncios galegos do 2021

  • «É Lalín… sóache?», «Las estrellas del camino. Miradas de resistencia», «Redes vivas» e «Xacobeo, camiña a Galicia» son os anuncios publicitarios galegos de maior calidade según a Academia Galega do Audiovisual
  • Ás catro pezas competirán entre sí o vindeiro 19 de marzo nos XX Premios Mestre Mateo tras ser seleccionadas como finalistas entre 19 candidaturas propostas

«É Lalín… sóache?», «Las estrellas del camino. Miradas de resistencia», «Redes vivas» e «Xacobeo, camiña a Galicia» son para a AGA, a Academia Galega do Audiovisual, os mellores anuncios galegos, creados e producidos na nosa comunidade durante o ano pasado. Precisamente as catro pezas, son as finalistas na categoría de Mellor Anuncio Publicitario dos XX Premios Mestre Mateo. O vindeiro 19 de marzo, o xurado dos galardóns será o que teña a última palabra, pero dende ExtraDixital queremos amosárvolos todos para que coñezades todo o talento que hai en Galicia e fagades as vosas apostas.

É Lalín… sóache?

Este vídeo promocional foi encargado polo Concello de Lalín para a súa promoción turística. Está feito por Lucas Terceiro, Marga Pazos e Webcom Consultora de Comunicación e RRPP. Baixo o lema de «É Lalín… soáche?», faise unha invitación a disfrutar da Galicia máis rural, sumándolle importancia ós seus sons, achégandose ó estilo audiovisual coñecido como ASMR. Presenta as atracións máis turísticas da zona, que abarcan dende o Santuario da Nosa Señora do Corpiño, ata as actividades deportivas máis modernas, coma é o caso do campo de airsoft Lalingrado.

Las estrellas del camino. Miradas de resistencia

«Las estrellas del camino. Miradas de resistencia» é unha exposición permanente comisariada por Estrella Galicia e creada por Kaito Estudios e Aupa. O seu obxectivo é o de conmemorar o Xacobeo 2021/2022, que por primeira vez na historia prolóngase durante dous anos. Formado por unha galería artística de 140 km a través das 7 últimas etapas do camiño francés, postúlase coma a exposición máis extensa do mundo. O artista urbano Mon Devane foi o encargado de darlle cor aos murais desta obra. Esta gran exposición está formada por 7 retratos xigantes de 7 persoas moi estreitas ó entorno e ó Camiño de Santiago. Están acompañadas por un documental sobre a historia persoal de cada un dos protagonistas.

Redes vivas

Campaña feita por Metronoventa Creatividad e Producción Publicitaria, que promove a iniciativa sostible de ABANCA co obxectivo de darlles unha segunda vida ás redes pantasma de pesca que rematan no mar. O proxecto conta coa axuda das redeiras e combina compromiso e innovación con tradición e artesanía.

Xacobeo, camiña a Galicia

Por último, atopamos esta campaña de Congo Producciones coa Xunta de Galicia para a promoción do turismo do Camiño de Santiago no Xacobeo 21-22«Camiña a Galicia», a ritmo da música de Xoel López, coa súa canción «Lodo».

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Banner-extradigital-noviembre-300x600-3
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos