Pérez Canal Premio Familia Empresaria

Os Pérez Canal de Aceites Abril reciben o Premio Familia Empresaria 2022

A familia Pérez Canal, propietaria do grupo empresarial Aceites Abril, foi recoñecida esta tarde co XVI Premio Familia Empresaria. Un galardón que concede anualmente a Asociación Galega da Empresa Familiar co apoio de Sabadell Gallego. O recoñecemento foi entregado polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o presidente da asociación, Víctor Nogueira. O Premio Familia Empresaria 2022 foi recollido pola matriarca de Aceites Abril, Carmen Canal, que a pasada semana recibía tamén o Premio Executivas de Galicia 2022.

Para a concesión de esta distinción, a Asociación Galega da Empresa Familiar tivo en conta o compromiso de Aceites Abril coa internacionalización da economía galega, xa que ten presencia en 60 países. Destaca tamén o firme compromiso da empresa con Galicia, como mostra a súa iniciativa Colleita Propia, que busca promover a plantación de olivos na comunidade e a produción de aceite 100% galego.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos