Premios Martín Códax da Música

Os Premios Martín Códax da Música cumpren 10 anos

Os Premios Martín Códax da Música fan este 2023 nada menos que dez anos. Uns galardóns da bodega cambadesa en colaboración coa asociación Músicas ao Vivo e que acaban de abrir a súa convocatoria este ano. A eles pódense presentar todos os proxectos musicais galegos vixentes, e que estiveran en activo durante este último ano. Estes premios teñen como obxectivo visibilizar a creatividade musical de artistas e bandas de Galicia e o potencial da música como sector estratéxico na sociedade e economía da rexión.

Os Premios Martín Códax da Música 2023 volven as súas datas habituais prepandemia. Integran quince categorías musicais, tres premios Organistrum, un galardón honorífico e, por segundo ano, o Mellor Proxecto de Artista Emerxente. O proceso de inscrición de proxectos estará aberto ata o 2 de abril a través da web premiosmartincodaxdamusica.gal.

Collemos folgos para ser ambiciosos, queremos uns premios coa magnitude do traballo que hai detrás. Estamos moi orgullosos de ter contribuído a esta andaina; desde as adegas o apoio á cultura e, máis concretamente, á música en Galicia é fundamental”.

Jorge Pallarés, director de marketing e comunicación das Bodegas Martín Códax.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Banner-extradigital-noviembre-300x600-3
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos