Premios Mestre Mateo Ourense

Os Premios Mestre Mateo celebraranse en Ourense en 2023

Despois de nove anos de ausencia, os Premios Mestre Mateo regresan a Ourense. A Academia Galega do Audiovisual celebrará a vindeira edición na cidade das Burgas. Será no Auditorio Municipal de Ourense o vindeiro 11 de marzo 2023 e estarán presentados por dous ourensáns de referencia. A actriz Eva Fernández e o comunicador Rodrigo Vázquez.

En febreiro daranse a coñecer aos finalistas dos Premios Mestre Mateo que en Ourense tratarán de facerse coa preciada estatuilla. A proposta desta edición xira entorno ao concepto «Témolo ben merecido». Un eslogan que reivindica o orgullo polo audiovisual galego, que triunfa dentro e fora das nosas fronteiras, e que festexa o esplendor dun sector digno de ser celebrado.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.