A Academía Galega do Audiovisual acaba de presentar a nova imaxe dos Premios Mestre Mateo con motivo do seu vixésimo aniversario. Nesta edición tan especial no que os galardóns cumpren dúas décadas de vida, tamén se renova a súa páxina web. Un site estructurado en diversos apartados que facilitan a súa navegabilidade con información sobre as candidaturas, bases e calendario dos #XXMestreMateo e de edicións anteriores. A AGA tamén ven de habilitar unha sala de prensa na que irán actualizando materiais como notas de prensa, fotografías e elementos gráficos. O vindeiro 10 de febreiro anunciaránse as candidaturas finalistas.
