Premios Publicidade en Galego

Os Premios Publicidade en Galego distinguen a D.O. Ribeiro, Aqualia, PuntoGal, R e ao CIFP Leixa

  • O Parlamento de Galicia entrega os galardóns dos Premios de Publicidade en Galego que están convocados conxuntamente coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o Foro Enrique Peinador
  • O Consello Regulador da D.O. Orixe Ribeiro, Aqualia, a Asociación PuntoGal, R Cable e Telecable Telecomunicacións e o CIFP Leixa son as entidades premiadas na edición de 2022 destas disnstincións

O Parlamento de Galicia acolleu este 3 de outubro o acto de entrega da XXVIII edición dos Premios de Publicidade en Galego. Uns galardóns resultado dunha convocatoria conxunta cá Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o Foro Enrique Peinador.

Entre os premiados de este ano atópase o CIPF de Leixa, na categoría Centro Educativo, co traballo titulado «Cambio climático». O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro foi distinguido na categoría Internet polo anuncio «Treixadura-Modo Ribeiro» da Axencia Nasas. Pola súa parte, Aqualia foi recoñecida na categoría Prensa Escrita pola súa campaña “A auga en Vigo é de alta calidade” feita por Ecovigo. A Asociación PuntoGal destaco una categoría de Radio con “Abre na rede” dequattro idcp. Por último, R Cable e Telecable Telecomunicacións que gañou na categoría Televisión por Vai escampar,  tamén da axencia coruñesa quattro idcp. O xurado acordou tamén unha mención de honra para a empresa Sistemas de Seguridade A1.

A publicidade en galego funciona

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, resaltou a crecente capacidade de convocatoria do galardón. Trátase, ao seu parecer, dun “crecemento paralelo ao proceso de revitalización da lingua galega, hoxe felizmente asentada nos diferentes ámbitos sociais e culturais”.

O titular do lexislativo autonómico engadiu na súa intervención, que a convocatoria destes premios xorde “desde o convencemento de que o galego é un idioma acaído para a realización de campañas publicitarias de éxito.Ssempre, por suposto, desde o noso compromiso inquebrantable coa lingua propia de Galicia”. E que para Para Santalices, “en ocasións facer unha campaña en galego pode constituír a clave do éxito, pola expresividade e o sentimento que a nosa lingua é capaz de transmitir”.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos