As viguesas e vigueses leváronse unha sorpresa nos días previos a Reis no medio das atraccións navideñas que ten instaladas a cidade. O proxecto vigués Outro Conto e As Peaky Branders volveron a revolucionar a cidade facendo activismo contra a violencia estética nunhas datas moi vulnerables como son as festas do Nadal.
O primeiro Papel de Regalo para o autocoidado do Mundo.
Outro Conto, o proxecto local de menús veganos a domicilio que fai activismo contra a violencia estética, volveuno a facer. Despois de revolucionar o pasado mes de outubro toda a cidade ateigando Vigo de libros e mensaxes contra a gordofobia, repetiron a acción. Esta vez creando un papel de regalo moi peculiar, o primeiro no mundo que promove o Autocoidado.
Ti es moito máis ca un envoltorio”, “agardo que te gustes”, “ti es suficiente, o teu corpo é suficiente, ao igual que escoitar 3 veces “all I want for christmas is you, suficiente”
Repartíronse gratuitamente 1.000 tubos de papel de regalo con estas mensaxes para que as viguesas e vigueses poideran agasallar autocoidado e amor propio a outras persoas ou a elas mesmas. “Nun momento de especial vulnerabilidade cheo de ceas e comidas familiares, onde a míudo soportamos comentarios sobre os nosos corpos ou “adelgazar”, convértese nun propósito case obrigado para o 2023, Queremos reivindicar o dereito a comer sen culpa e a non ter que poñernos a dieta o vindeiro ano”.
Se a túa opinión non é un turrón de Suchard, non me interesa.
«Con esta acción – explican Alba e Isaac de Outro Conto – queremos empoderar ás persoas para vestirse como queiran. Para que sexan as “queens” da pista nestas festas, independentemente da talla ou corporalidade. Invitamos a poñer límites aos comentarios sobre os nosos corpos e lembramos que a opinión dos demais non nos define.«