a Festa de todas as festas bululú

Parabéns Galeg@s! A Xunta felicítanos a “Festa de todas as Festas”

  • Bululú é a axencia responsable da creatividade de campaña da Xunta de Galicia con motivo da celebración da festividade do Santiago Apóstolo; a xestión de medios recae en Avante Evolumedia
  • “A Festa de todas as Festas”, conta cun concepto creativo que fai referencia a unión de todo o territorio galego e as súas distintas efemérides no 25 de xullo Día de Galicia

En Galicia, será por festas! Témolas de todo tipo: gastronómicas, históricas, patronais, musicais… Pero hai unha que ás aglutina a todas: o Día de Galicia. Precisamente ese é o concepto creativo sobre o que xira a campaña de promoción activada pola Xunta de Galicia e que este ano corre a cargo da axencia coruñesa Bululú Creativos. «A Festa de todas as Festas».

“A Festa de todas as Festas”

Este o claim de esta promoción especial feita pola axencia coruñesa Bululú polo Día de Galicia, o día do Santiago Apóstolo. Un 25 de xullo especial, xa que por segundo ano consecutivo celébrase en Ano Xacobeo. Unha data na que, sen dúbeda, máis aflora o sentimento de pertenza, de orgullo e de homenaxe.

Un día para celebrar todo o que temos que celebrar. E que os galeg@s somos moito de festa rachada, levámoa no noso ADN e de ahí que sempre teñamos tantas ganas de leria e tantas festas e verbenas emblemáticas. Precisamente a campaña supón un percorrido emocional e visual por todas as festas da nosa comunidade, tanto no gráfico coma no audiovisual.

A planificación e xestión de medios de «A Festa de todas as Festas» recae na delegación galega da axencia de medios independente Avente Evolumedia. Mediáticamente a campaña contempla inserccións en mass media (prensa, radio e televisión) e internet.

Feliz Día de Galicia a tod@s!

gráfica día de galicia

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos