«Incrementar a captación de leads cualificados para o teu negocio», así titúlase a primeira entrega do ano dos «Atferwork at Home» organizados pola Asociación Galega de Marketing (Markea) e que conta coa colaboración do Cluster da Comunicación de Galicia, Creatividade Galega e Dircom Galicia, entre outras asociacións. Unha charla que será impartida por Alberto Hernández, online marketing director de Atrato Media.
Neste primeiro afterwork do 2023 poderase aprender a xerar leads cualificados para aumentar as vendas. Alberto Hernández amosará que plataformas podemos usar e como on inbound marketing axudaranos a conseguilo. A cita será o vindeiro mércores 18 de xaneiro ás 19:30h.