emilio froján markea

Primeiro encontro do curso dos socios de Markea

A Asociación Galega de Marketing inaugurou un novo curso escolar coñecendo o caso de éxito da startup de motos eléctricas Velca. Bodegas Martín Códax foi o esceario do encontro entre os asociados de Markea co CEO de Velca, Emilio Froján. Todos eles disfrutaron dunha masterclass sobre a creación dunha comunidade de marca a cargo. O marketing foi a pedra angular da estratexia de crecemento e expansión de esta compañía galega. En pouco máis de dous anos, Velca xerou unha comunidade con cerca de 60.000 seguidores en Instagram.

No encontro, Froján detallou que nunhas semanas Velca representará a España no Startup World Cup 2022. Un evento que se celebrará en San Francisco e onde se enfrentará a máis de 50 contrincantes. O premio será converterse na mellor startup mundial.

Despois desta charla, os asistentes puideron desfrutar dun paseo en catamarán polas Rías Baixas, amenizado con música en directo. Markea está preparando múltiples actividades para este novo ano, no que celebra o seu décimo aniversario: visitas a empresas socias, formación, masterclass e outros eventos onde o marketing e outras disciplinas afines son as protagonistas. En palabras do seu presidente, José Cabanas: “o noso obxectivo é visibilizar o papel do marketing en Galicia e dos profesionais que o conforman, crear sinerxias con outras asociacións e entidades e en definitiva, xerar valor para os nosos asociados”.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos