CRTVG-5G

Primera canle pública española en facer un directo en 5G

  • A televisión pública de Galicia retransmite dende o Monte do Gozo o seu primeiro directo mediante o uso de tecnoloxía 5G
  • Un fito histórico que posiciona a TVG como a primeira canle pública española en empregar esta conectividade proporcionada por Telefónica

Pouco a pouco a CRTVG vai adaptándose aos novos tempos e vai cumprindo o seu compromiso de dixitalizarse cada vez máis. Neste caso, incluso pode presumir de pioneira a nivel nacional, xa que se posiciona como a primeira canle pública de España de televisión en retransmitir un directo empregando a tecnoloxía 5G.

Fito histórico

Unha acción pioneira conseguida gracias a conectividade dispensada por Telefónica, que permitía conectar ao 5G a unha das cámaras da TVG, ubicada no Monte do Gozo. Unha retransmisión en directo feita para o “Telexornal mediodía” a través dunha mochila con codificación de vídeo H.265 de Mobile Viewpoint B.V equipada con módems 5G que permite retransmitir en directo con alta calidade e baixo retardo.

Este piloto costou un ano sacalo adiante despois de moitas probras nas que colaboraron a CRTVG e a multinacional de telecomunicacións. Uns test nos que se levaron ao límite os dispositivos coas novas capacidades da rede 5G, que conta con grandes vantaxes coma a de reducir os retardos ata 0,8 segundos, un 25% menos da latencia habitual en directos. 

Nodo de Cooperación 5G

Esta acción enmárcase dentro dos proxectos do Nodo de Cooperación 5G impulsado pola Xunta de Galicia a través de Amtega -Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia- para situar Galicia como comunidade autónoma de referencia no desenvolvemento das tecnoloxías de ultrabanda ancha móbil. 

Tal e como destaca Mercedes Fernández, xerente de Innovación de Telefónica España, “o 5G supón un cambio revolucionario nas retransmisións en directo dos medios de comunicación, ao convertelas en máis eficientes e flexibles. De feito, os medios de comunicación son un dos sectores que maiores beneficios obterá coa chegada do 5G xunto coa industria e o coche conectado”.

Pola súa parte, Sara González, directora da Área de Soporte Tecnolóxico e Medios da CRTVG, salienta que “a aposta pola innovación da Corporación Radio e Televisión de Galicia concrétase en proxectos coma este, coa exploración de novas tecnoloxías que poidan ser de aplicación para mellorar as nosas emisións e retransmisións en directo, mediante a colaboración con empresas e institucións tecnolóxicas. A CRTVG foi das primeiras canles en España en implantar a tecnoloxía 4G para as transmisións en directo. O 5G, entre outras vantaxes, permitirá incrementar a fiabilidade das retransmisións, aumentar a calidade da imaxe transmitida grazas ao seu gran ancho de banda e reducir os retardos”. 

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos