mellores comunicadores Galicia

Quen son @s mellores comunicadores de Galicia?

  • Esther Estévez, Simone Saibene, Xosé A. Touriñan e Mario Brión son elexidos pola Academia Galega do Audiovisual como finalistas dos XXI Premios Mestre Mateo na categoría de Mellor Comunicador
  • “Digocho eu”, “Catro Gatos” e “Clac” da TVG, xunto con “Cinephilia” da cadea local Telemiño, aspiran este 2022 a converterse no Mellor Programa destes premios que serán entregados o vindeiro 11 de marzo en Ourense

As académicas e académicos galegos do audiovisual consideran que este 2022 Esther Estévez, Simone Saibene, Xose A. Touriñán e Mario Brión Toucedo son os mellores comunicadores de Galicia. Así o ratifica a seu nomeamento como finalista aos XXI Premios Mateo na categoría de Mellor Comunicador.

Unha forma de recoñecer o traballo de estes profesionais da televisión e plataformas audiovisuais, que o vindeiro 11 de marzo en Ourense competirán por facerse co preciado galardón no Auditorio Municipal da Cidade das Burgas.

Así son os catro finalistas

Esther Estévez é a única finalista muller nesta categoría. Unha asidua xa a listaxe definitiva dos Premios Mestre Mateo na que nunca falta e que levou o galardón o ano pasado. Ademáis, o programa que presenta na TVG, “Digocho eu”, aspira a converterse tamén no Mellor Programa que se fai en Galicia. Un proxecto de servizo público da CRTVG que busca achegar o galego a sociedade dunha forma dinámica e entretida.

O actor, cómico e presentador Xosé A. Touriñán, tamén aspira na XXI edición destes premios a consolidarse como o mellor comunicador galego. O programa da televisión pública galega que presenta, “Catro Gatos”, tamén está nomeado na categoría de Mellor Programa. Un formato de humor no que catro amigos  (Xosé A. Touriñán, David Perdomo, Fátima Pego y Noemi Rodríguez) encóntranse nun bar onde conversan sobre la vida, as súas anécdotas e preocupacións persoais.

Outro comunicador, Mario Brión, tamén é un dos finalistas dos Premios Mestre Mateo. Está nomeado como un dos mellores creadores de contido en YouTube e en redes sociais.

Por último, na listaxe de finalistas encontramos ao presentador de Telemiño, Simone Saibene. O director de cine loitará por terceira vez consecutiva polo galardón debido o seu traballo en “Cinephilia”. Un programa de cinema que emite a televisión local ourensana Telemiño que conseguíu un Mestre Mateo en 2021, neste 2022 non puido ser é como cuarto finalista a mellor programa de televisión colócase «Clac». Unha produción da TVG  sobre cinema que ten ao audiovisual galego coma protagonista absoluto.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos