- Galicia Calidade certifica á lucense Quescrem co seu selo de garantía, a marca do séctor lácteo entra a formar parte do suculento clube de excelencia dos produtos galegos formado por 145 empresas e máis de 600 referencias
- Quescrem pertencente á empresa Innolact, vende os seus queixos crema en arredor duns 40 países de todo o mundo nos 5 continentes, tamén están dispoñibles a través de Amazon
A partir de agora o selo Galicia Calidade conta cunha referencia máis. Trátase do queixo crema lucense Quescrem, pertencente a empresa Innolact. A Xunta de Galicia recoñece así a aposta de Quescrem por conservar non só a tradición galega, senón tamén o seu respecto polo medio e o territorio, así coma pola sustentabilidade e as novas demandas do mercado as que dá resposta a través da I+D+i.
O selo de garantía Galicia Calidade supón para a marca produtora de queixo crema, entre outras cousas, a acreditación á calidade da materia prima: leite cen por cen galega que provén de explotacións gandeiras locais, nunha comarca de extensa tradición leiteira.
Unha materia prima a que se lle aproveitan, ademáis, todas as calidades e propiedades nutricionais a partir da I+D+i. Hai que recordar que é precisamente neste departamento onde a compañía reinviste preto do 10% dos seus ingresos, porque como soen dicir, a innovación está no ADN de Innolact.
Quescrem no eido internacional
A marca Quescrem pertence á empresa Innolact xunto con outras marcas, como ChocoBó, Oitolea e Ruletto. Actualmente, vende os seus queixos crema Quescrem en arredor duns 40 países dentro dos 5 continentes e están dispoñiblen en Amazon dende o ano 2019. Esta marca conta con 16 anos de traxectoria e con 80 traballadores, distribuídos nos 40 países nos que se atopa. Inda que o seu principal mercado é España, o segue moi de preto China no segundo posto, sendo o seu principal cliente internacional.
O sello Galicia Calidade
Na actualidade contan coa certificación do selo Galicia Calidade máis de 600 productos e 145 empresas galegas. De entre as que se atopan 65 pertences o sector alimentario. Este distintivo é de vital importancia para a industria láctea galega, xa que non podemos esquecer que Galicia é a oitava rexión europea en producción. No pasado ano 2021 rexistráronse un total de 2,98 millóns de toneladas de leite e unha facturación total de 995M€.