Radio Galicia-Cadena SER celebrou a VII edición dos premios SERenidade

  • A deseñadora Uqui Permui foi recoñecida polo éxito da súa campaña «En negro contra as violencias» 
  • Tamén foron premiados a actor Javier Gutiérrez, o xogador de Squash Borja Golán, a Fundación Barrié e o equipo de restauradores do Pórtico da Gloria, a Fundación Andrea e a Librería Couceiro

Radio Galicia-Cadena SER celebrou a séptima edición dos premios SERenidade nunha gala que tivo lugar no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, e na que quiseron recoñecer a solidaridade, o talento e a aposta pola cultura.

A Fundación Barrié e o equipo de restauradores do Pórtico da Gloria recibiron o premio polo seu compromiso coa preservación do patrimonio. Radio Galicia recoñece así o espectacular traballo que, co patrocinio da Fundación Barrié, ten feito o equipo de restauradores baixo a dirección de Ana Laborde na obra clave do Mestre Mateo, en coordinación coa Fundación Catedral.

Uqui Permui, deseñadora da campaña «En negro contra as violencias» foi outra das premiadas. A iniciativa compostelana foi pouco a pouco medrando ata ten conseguido a adhesión de máis de 100 concellos de tres deputacións. Según o xurado, “Permui conseguiu cunha idea moi sinxela plasmar todo o horror da violencia machista e tamén toda a solidaridade que precisa”.

A Fundación Andrea recibiu o galardón polo seu apoio a nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais, e ás súas familias e tamén foron premiados o actor Javier Gutiérrez pola súa traxectoria artística, Borja Golán, o mellor xogador de Squash español, e a Librería Couceiro, unha das máis antigas e emblemáticas da cidade de Santiago, conceciba como espacio cultural que acolle actos literarios e especializada en libro galego e publicacións antigas.

 

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos