rebranding-xunta

Rebranding 360° da Xunta de Galicia

  • A Xunta de Galicia presenta a súa nova imaxe e a das súas diferentes marcas tras mais de dous anos de intenso traballo
  • O estudio de deseño Costa é o responsable do rebranding, da simplificación, ordenación e estandarización a través da mesma linguaxe visual dos servizos públicos galegos

De estrea, así se atopa a Xunta de Galicia que acaba de por de longo a súa nova imaxe, e a de todas as marcas que forman parte dos servizos públicos galegos. Un rebranding, redefinición e creación dun manual de identidade corporativa para todas as firmas do órgano colexiado da administración pública galega.

logo-xunta-galicia

Deseño dinámico, moderno e adaptado aos novos tempos

O Consello da Xunta de Galicia aprobou hoxe o decreto que moderniza o logotipo da administración autonómica, a tipografía e que simplifica tamén a arquitectura institucional de marcas. Unha nova regulación para acabar con duplicidades que poidan confundir os administrados e para adoptar unha imaxe máis sinxela e dinámica que facilite a súa comprensión adaptada aos novos tempos da comunicación.

Un proxecto ambicioso que, por fin, sae a luz tras máis de dous anos de intenso traballo. E que durante moitos anos, baixo o paraugas da Xunta de Galicia, fóronse xerando multitude de casuísticas particulares para identificar servizos da administración autonómica. O Servizo Galego de Saúde, o IGAPE, Galicia Calidade, Portos de Galicia, o 061, as Axencias e outras divisións da institución, cerca dun cento, crearon as súas propias marcas ata o punto de que en moitas ocasións a cidadanía descoñecía a súa vinculación coa Xunta de Galicia.

logos-xunta.marcas

A importancia que ten adquirido no eido da información a identificación visual require que a Xunta de Galicia non permaneza allea a esta realidade. As modificacións que recolle o novo decreto afectan a cor, o logotipo corporativo formado pola plasmación tipográfica da expresión “Xunta de Galicia”, a tipografía de referencia e a arquitectura de marcas institucionais.

Un traballo de Costa

O estudo de deseño, comunicación visual e construcción de marca Costa, é o responsable de todo este rebranding no que a idea central sempre foi comunicar a identidade da Xunta de Galicia baixo un novo criterio no que o importante sexa a institución e non a súa xerarquía interna. Por elo simplificaron, ordearon e estandarizaron todas as marcas baixo un mesmo paraugas. Cinco ferramentas foron indispensables para poder conseguilo.

xunta-logo-azul


1. Identificador

A unidade mínima coa que recoñecer á Xunta de Galicia, o seu escudo. Un elemento protexido pola Lei de Símbolos de Galicia que se asocia directamente coa institución que representa.


2. Tipografía:

Propia e, polo tanto, pública. Deseñada por NM Type. É accesible e aberta para resolver calquera aplicación.


3. Cor:

Un único matiz que cumpre todos os estándares de accesibilidade visual e que unifica a toda a Xunta de Galicia.


4. Sistema:

Un conxunto de pautas sinxelas que permiten declinar calquera marca da institución.


5. Nomenclatura:

Estándar, que unifica criterios evitando os acrónimos para que se recoñeza o carácter público e a identidade galega.


“Baixo estas cinco ferramentas, calquera aplicación corporativa resólvese agora baixo unha mesma linguaxe visual lexible, flexible, áxil e clara que garante, con coherencia e consistencia, que detrás dos servizos públicos galegos está a Xunta de Galicia”, sinalan dende Costa.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos