web-markea

Refit dixital de Markea

  • Markea, a Asociación Galega de Marketing, reacondiciona a súa web para adaptar a imaxe do ente aos novos tempos
  • Un refit levado a cabo pola axencia pontevedresa ICON que actualiza toda a información do sitio web

O marketing galego conta con nova imaxe dixital. Markea, a Asociación Galega de Marketing, ven de mudar a pel da súa web para adaptala aos novos tempos. Un completo refit que representa no ecosistema dixital, un novo punto de encontro para todos os profesionais do sector en Galicia.

ICON responsable do cambio

Una renovación do sitio web levada a cabo pola axencia pontevedresa ICON, que soupo ordear e facer máis atractivo o espazo, actualizando toda a información dispoñible para seguir poñendo en valor o papel do marketing en Galicia.

Agora podemos disfrutar dun directorio máis ordeado e de información ampliada sobre as actividades do ente, blog, axenda do sector en Galicia, etc.

FLÚOR quenta motores

Precisamente Markea, xunto có Clúster de Comunicación de Galicia, é organizador do Congreso Flúor de Marketing Dixital. Unha cita indispensable para todos os profesionais galegos do marketing, da comunicación e da publicidade que este 2021 celebrarase os próximos 7 e 8 de outubro en Pontevedra.

Un evento a cabalo entre a presencialidade e o mundo online, que se perfila como o de maior importancia no noroeste peninsular e que durante dous días levará a cabo conferencias e mesas redondas con máis de 20 profesionais sobre negocio dixital, publicidade dixital, branding e social media, workshops de diferentes temáticas e moito networking.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
galicia_gif_2
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos

Menú