- A ausencia de candidaturas alternativas fai que o Clúster galego da Comunicación reelixa a Xosé Luís Reza como presidente, que suma 6 anos no cargo
- Na nova Xunta Directiva está representada toda a cadea de valor da comunicación, na que se incorporan como novidade os eventos con Ana García Calvo como nova vogal
O pasado mércores 28 de abril celebrouse a Asamblea Xeral Anual do Clúster da Comunicación de Galicia onde se elexiu a nova Xunta Directiva. Un organismo que representa toda a cadea de valor do Clúster, formada polas disciplinas de creatividade, deseño, marketing, marketing dixital, comunicación, edición, impresión mais agora os eventos. Estes últimos a gran novidade de cara o período 2021-2023, que estarán representados pola asociación OPC Galicia na que Ana García Calvo será a súa nova vogal.
Continuismo político no Clúster
Tras 6 anos presidindo o Clúster, a nova directiva seguirá liderada por Xosé Luís Reza que renova o cargo tras a súa reelección como cabeza visible para os vindeiros 2 anos. O presidente electo refréndase así como o líder do sector en Galicia xa que dende 2012 tamén ocupa a presidencia de Markea, en total 9 anos ao fronte de esta última asociación.
Xosé Luis Reza quixo agradecer á nova Xunta a súa confianza para “continuar liderando un proxecto que xa ten máis de 13 anos, e que seguirá apostando por potenciar a cooperación entre empresas socias a través de proxectos colaborativos de alto impacto que deriven na mellora da competitividade das empresas que forman parte do Clúster, xerando negocio e mellorando a visibilidade das mesmas, co obxectivo de situar ao sector como punto estratéxico no desenvolvemento industrial da Comunidade”.
Xunta Directiva 2021-2023
Para este novo mandato, Xosé Luis Reza contará co apoio dunha Xunta Directiva enfocada en liderar novos proxectos e impulsar o crecemento e consolidación do Clúster neste novo bienio. David Silvosa de Costa Comunicación, Emilio Arán de Gráficas Anduriña e Carla Reyes Uschinsky por Executivas de Galicia, manteñénse na xunta coma vogales de Deseño, Impresión e Igualdade respectivamente. Mar Delgado de Atelier Gráfica Visual seguirá ó fronte da Tesorería mentres que Alberto Garnil de ICON deixa de ser vogal e asumirá a Vicepresidencia. O Secretario Xeral será Jacobo Bermejo de Tórculo.
Ademais de Ana García Calvo como nova vogal de Eventos, incorpóranse Tesa Díaz-Faes, Presidenta de Dircom Galicia, como nova vogal de Comunicación substituíndo a Amalia Baltar; e Julián Abad en Creatividade, Presidente de Creatividade Galega, que releva no cargo a Jaime Conde.
CARGO CLÚSTER | NOMBRE e APELIDOS | Entidade/Empresa |
Vogal.Delegado de Deseño | David Silvosa Rivera | Costa Comunicación |
Vogal. Delegada de Comunicación | María Teresa Díaz-Faes Santiago´s | Dircom Galicia |
Vogal. Delegado de Creatividade | Julián Abad Rodríguez | Creatividade Galega |
Vogal. Delegada de Eventos | Ana María García Calvo | OPC Galicia |
Vogal. Delegado de Impresión | Emilio Arán Bernal | Gráficas Anduriña |
Vogal. Delegada de Igualdade | Carla Reyes Uschinsky | Executivas de Galicia |
Tesoreira | Mar Delgado López | Atelier Gráfica Visual |
Secretario Xeral | Jacobo Bermejo Barrera | Tórculo |
Vicepresidente | Alberto Garnil Rodríguez | ICON |
Presidente | Xosé Luis Reza Pérez | Markea |