premiados-mestre-mateo

“Santiago, Cidade de Cinema” Mellor Anuncio nos XVIII Mestre Mateo

  • Lucía Regueiro foi elexida como a Mellor Comunicadora de Televisión polo seu traballo no programa da TVG Bamboleo
  • “O que Arde” perfílase como a gran triunfadora entre as películas tras obter seis galardóns, entre eles Mellor Longametraxe e Mellor Dirección para Oliver Laxe

Finalmente Islandia Producciones foi a gran triunfadora na gala dos XVIII Premios Mestre Mateo na categoría de Mellor Anuncio. O seu spot “Santiago, Cidade de Cinema” levaba o galardón a mellor peza audiovisual publicitaria sobre os outros tres candidatos: “SerGalexMola” (Bap&Conde); “Nin de Broma” (Elemental Chefs) y “Camariñas, Cando todo Encaixa” (MBC Servicios Audiovisuales).

“Santiago, Cinema de Cultura” é una peza audiovisual de promoción encargada polo Concello de Santiago de Compostela para promover a candidatura da capital galega a Red de Cidades Creativas da Unesco. Un Spot creado por Islandia Producciones e cheo de maxia que según a produtora fragouse con moito cariño e que está adicado a todos os profesionais que dedican o seu empeño a contar historias.

Lucía Regueiro converteuse noutra das protagonistas dos Mestres Mateo no ano no que estos premios alcanzan a maioría de idade. A presentadora do programa Bamboleo da TVG recibíu a distinción como Mellor Comunicadora galega do ano 2019.

En canto aos largometraxes a terceira película de Oliver Laxe, “O que arde”, levou seis dos doce galardóns nos que optaba a premio:  Mellor Longametraxe (Miramemira, 4A4, Kowalski Films e Tarántula); Mellor Dirección para Oliver Laxe; Mellor Dirección de Arte para Samuel Lema e Curru Garabal; Mellor Fotografía para Mauro Herce; Mellor Montaxe para Cristóbal Fernández e Mellor Son para David Machado, Amanda Villavieja, Sergio Silva e Xavi Souto.

A serie “Hierro” de Portocabo, Movistar +, ArTe France e Atlantique Productions acadou catro galardóns: Mellor Serie de Televisión; Mellor Dirección de Produción para Ana Míguez; Mellor Guión para Pepe Coira, Fran Araújo, Araceli Gonda, Coral Cruz e Carlos Portela e Mellor Música Orixinal para as composicións de Elba Fernández e Xavi Font.

“Quen a Ferro Mata”, que partía como favorita con quince candidaturas, so obtivo finalmente tres premios: Mellor Actor de Reparto para Xan Cejudo; Mellor Actriz de Reparto para María Vázquez e Mellor Maquillaxe e Perruquería para Susana Veira e Beatriz Antelo.

Da adaptación para a pantalla grande do éxito teatral da compañía Chévere Eroski-Paraíso foron recoñecidos os seus intérpretes principais, Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo, nas categorías de actor e actriz protagonista. Dous galardóns obtivo tamén “Segredos, desmontando Galicia”, o de Mellor Programa de Televisión e Mellor Realización para Marcos Barrios Carreira.

“Manoliño Nguema”, producido por Filmika Galaika, gañou o premio ao Mellor Documental. “Antes de Perder”, de RTVE e Cósmica Producións, fíxose co premio á Mellor Serie Web. “16 de Decembro”, dirixida por Álvaro Gago, conquistou o de Mellor Curtametraxe de Imaxe Real e “Homomaquia” de David Fidalgo Omil o de Mellor Curtametraxe de Animación. “Esquimales” de Xaime Miranda para Heredeiros da Crus, obtivo o premio ao Mellor Videoclip.

Ademais de premiar a excelencia dos profesionais e producións do ano, a Academia Galega do Audiovisual tamén aproveitou para recoñecer a traxectoria de profesionais relevantes do audiovisual en Galicia co Premio de Honra Fernando Rey, que este ano foi para o proxeccionista do CGAI-Filmoteca de Galicia José María Rodríguez Armada, “Chema”.

PALMARÉS XVIII MESTRE MATEO

CATEGORÍAS DE PRODUCIÓN

MELLOR ANUNCIO PUBLICITARIO: SANTIAGO, CIDADE DE CINEMA (Islandia

Producciones)

MELLOR CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN: HOMOMAQUIA (Abano Producións e El

Gatoverde Producciones)

MELLOR CURTAMETRAXE DE IMAXE REAL: 16 DE DECEMBRO (Sombriza Films e Ringo

Media)

MELLOR DOCUMENTAL: MANOLIÑO NGUEMA (Filmika Galaika)

MELLOR LONGAMETRAXE: O QUE ARDE (Miramemira, 4A4, Kowalski Films e Tarántula)

MELLOR PROGRAMA TV: SEGREDOS. DESMONTANDO GALICIA (Prog. 1-6) (MBC Servicios

Audiovisuales)

MELLOR SERIE DE TELEVISIÓN: HIERRO (CAP. 1-8) (Portocabo, Movistar +, ArTe France e

Atlantique Productions)

MELLOR SERIE WEB: ANTES DE PERDER (CAP. 1-7) (RTVE e Cósmica Producións).

MELLOR VIDEOCLIP: ESQUIMALES, Heredeiros da Crus (Xaime Miranda)

CATEGORÍAS PROFESIONAIS

MELLOR COMUNICADOR/A DE TELEVISIÓN: LUCÍA REGUEIRO (Bamboleo, Prog.

233-269)

MELLOR DIRECCIÓN: OLIVER LAXE (O que arde)

MELLOR DIRECCIÓN DE ARTE: SAMUEL LEMA e CURRU GARABAL (O que arde)

MELLOR DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA: MAURO HERCE (O que arde)

MELLOR DIRECCIÓN DE PRODUCCIÓN: ANA MÍGUEZ (Hierro, Cap. 1-8)

MELLOR GUIÓN: PEPE COIRA, FRAN ARAÚJO, ARACELI GONDA, CORAL CRUZ e CARLOS

PORTELA (Hierro, Cap. 1-8)

MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA DE REPARTO: MARÍA VÁZQUEZ (Quen a ferro

mata)

MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA PROTAGONISTA: PATRICIA DE LORENZO

(Eroski-Paraíso)

MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA DE REPARTO: XAN CEJUDO (Quen a ferro mata)

MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA PROTAGONISTA: MIGUEL DE LIRA

(Eroski-Paraíso)

MELLOR MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA: SUSANA VEIRA e BEATRIZ ANTELO (Quen a

ferro mata)

MELLOR MONTAXE: CRISTÓBAL FERNÁNDEZ (O que arde)

MELLOR MÚSICA ORIXINAL: ELBA FERNÁNDEZ e XAVI FONT (Hierro, Cap. 1-8)

MELLOR REALIZACIÓN: MARCOS BARRIOS CARREIRA (Segredos. Desmontando Galicia;

Cap. l-6)

MELLOR SON: DAVID MACHADO, AMANDA VILLAVIEJA, SERGIO SILVA e XAVI SOUTO (O

que arde)

MELLOR VESTIARIO: MARÍA FANDIÑO (Lobos e cordeiros, Cap. 1-15)

MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA PROTAGONISTA: MIGUEL DE LIRA

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos