Segue adiante a campaña por unha canle Xabarín Club 24 horas na TVG

  • A iniciativa, respaldada dende A Mesa pola Normalización Lingüística, superou nunha semana os 12.000 apoios
  • Proponse levar esta iniciativa ao Parlamento de Galiza a través dunha Proposición Non de Lei (PNL) de iniciativa popular

A Mesa pola Normalización Lingüística comezaba hai dez días unha campaña na que reclamaba unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App. Todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

No seu comunicado aseguran que a galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

Proposta parlamentaria popular

A entidade daba o paso despois de que a solicitude dunha canle e unha App que emitan continuadamente contidos atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega acadase na rede preto de 8000 sinaturas; que a día de hoxe xa superan os 12.000 apoios.

A asociación do galego presentará esta semana unha Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular ao Parlamento de Galiza co obxectivo de instar ao goberno galego a tomar as medidas precisas para que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade nas televisións públicas a través dunha canle “Xabarín”, con programación atractiva, actual, educativa e de produción galega dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñíbel en todas as plataformas dixitais, así como nunha App actualizada que conte ademais con programas e xogos.

Trasladar esta iniciativa ao Parlamento é a maneira de tornar realidade unha necesidade da mocidade galega”, indicou o presidente da Mesa, que engadiu que para acadalo será imprescindíbel un grande esforzo colectivo.

Maneras de colaborar

Respaldo da Real Academia Galega

O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, tamén apoiaba a iniciativa da Mesa para a creación dunha canle Xabarín na CRTVG cun articulo publicado en La Voz de Galicia o pasado domingo 20 de setembro.

Quizá te interese:
Campaña Andalucía
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Galicia

Quiénes Somos

Menú