sentidino-convertese-na-palabra-do-ano-2019

“Sentidiño” convértese na Palabra do Ano 2019

  • Este xeito tan de noso de denominar o sentido común acaparou o 51% dos votos na elección pública da Palabra do Ano organizada polo Portal das palabras, una iniciativa da RAG e a Fundación Barrié
  • Feminicidio foi a segunda palabra máis votada con case o 20% dos votos, seguida por narcosubmarino, quecemento global, ecocidio e negociación

Despedímonos deste 2019 con moito sentidiño! Así o decidiron as persoas que participaron na elección pública da Palabra do Ano organizada polo Portal das palabras, una iniciativa da RAG e a Fundación Barrié. Este xeito tan de noso de denominar o sentido común é o termo máis votado dos seis finalistas.

Acaparou nada menos que o 51% dos votos, quizais porque designa un antídoto ben eficaz para moitas das preocupacións sociais que adoitades reflectir nesta iniciativa coa que queren salientar a conexión da lingua coa realidade cambiante que nos rodea.

Feminicidio foi a segunda palabra máis votada —con case o 20% dos votos— nun ano no que as rúas volveron encherse de voces contra a violencia de xénero e narcosubmarino, apenas semanas despois de irromper na linguaxe cotiá de Galicia, acadou o terceiro posto co 15% dos votos. Seguíronlles, por esta orde, quecemento global, ecocidio e negociación, os outros termos que foron finalistas tras unha recollida de propostas entre o público, que deixou un regueiro de suxestións nas que a reivindicación da igualdade de xénero e da xestión sostible dos recursos naturais compartiu protagonismo coa actualidade política local e global.

Sentidiño é, polo tanto, a nosa sexta Palabra do Ano, digna sucesora de deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016) —no ano do centenario das Irmandades da Fala—, refuxiado/a (2015) e corrupción (2014). Cadaquén terá as súas razóns para amala, ou mesmo para retorcer o fociño ante a vontade popular que a fixo triunfadora, pero como o seu é a lingua preferiron afondar nas explicacións filolóxicas.

O sentidiño é, en definitiva, unha boa calidade que nos define como seres humanos e que nos axuda a sobrevivir no medio. Agora que se achega o 2020 deséxannos boas doses del, pero tamén que non nos impida o soño de voar. Por iso rematan este 2019 cun desexo colectivo para un mundo mellor nos vindeiros doce meses: sexamos realistas e pidamos o imposible! (iso si, con sentidiño!).

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos