Servizo de elaboración, produción e plan de medios da campaña de promoción dos recursos naturais, culturais e gastronómicos de Galicia durante 2020

O obxecto do acordo marco é a contratación dun servizo para a execución e implementación do plan de medios de ámbito galego e nacional, para a Axencia de Turismo de Galicia, durante un ano, coa intención de sensibilizar á poboación e aos sectores implicados sobre os valores do turismo e a gastronomía en Galicia.

En concreto, o obxecto do presente acordo marco comprende a realización dunha estratexia e plan de medios, incluíndo a execución e xustificación cuantitativa e cualitativa, que abarque:

  1. Custos da Estratexia, investigación, planificación, execución, xustificación e avaliación das campañas de Medios durante a vixencia do acordo marco.
  2. Custo da adquisición de espazos publicitarios en todos os medios/soportes, que se determinen.

Tendo en conta o período de duración do acordo marco e dependendo das necesidades de difusión e comunicación, está prevista a realización de cinco oleadas, de impacto autonómico e nacional, ao longo do período de vixencia:

  • Promoción turística de Galicia na primavera: potenciando o interese turístico de Galicia durante a Semana Santa e as pontes de maio.
  • Produto gastronómico: potenciando a variedade da gastronomía Galicia, así como a calidade da súa restauración.
  • Promoción turística de Galicia no verán: potenciando o interese turístico de Galicia durante o período estival de 2020.
  • Concienciación e acollida de visitantes: campaña interna de concienciación para ofrecer un bo trato aos turistas que visitan a nosa comunidade, durante o período estival de 2020.
  • Promoción turística de Galicia no outono: potenciando o interese gastronómico e turístico de Galicia durante o último trimestre de 2020.

O orzamento base de licitación acada os 6.915.000,00€ con IVE.

A data para presentar ofertas finaliza o 18 de decembro.

Detalle completo do procedemento

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Banner-extradigital-noviembre-300x600-3
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos