Servizo de estratexia de comunicación nas redes sociais de Turismo de Galicia

A Axencia Turismo de Galicia abre procedemento para a contratación do servizo de estratexia de comunicación nas redes sociais de Turismo de Galicia. O presente contrato ten por obxecto a contratación do servizo de estratexia de comunicación nas redes sociais de Turismo de Galicia mediante a xestión das contas nas redes sociais de Turismo de Galicia e o Camiño de Santiago, así como o desenvolvemento de accións publicitarias nas propias redes para posicionar e patrocinar contidos e o desenvolvemento de accións publicitarias nas redes do Centro Superior de Hostelería de Galicia e noutros medios, incluíndo a creatividade.

O servizo que constitúe o obxecto do presente contrato comprenderá as seguintes prestacións:

  • Elaboración, creación e posta en marcha dun plan estratéxico e de acción para os medios propios da Axencia de Turismo de Galicia, con especial incidencia nas redes sociais da Axencia (Turismo e Camiño de Santiago).
  • Xestión das redes sociais, elaborando contidos e garantido a súa difusión a través do incremento de seguidores e medios gañados.
  • Custos íntegros da creatividade, incluíndo textos, imaxes e vídeo, así como todos os deseños realizados e adaptacións das creatividades que se requiran, así como os custos derivados da cobertura de acontecementos específicos de interese para Turismo de Galicia.
  • Produción e execución de todas as pezas relacionadas coa creatividade (vídeos, anuncios gráficos,…) así como todas as aplicacións que se requiran durante a duración do contrato. Todas estas execucións, que deberán gardar coherencia coa campaña creativa de Turismo de Galicia, estarán supervisadas pola Axencia.
  • Mantemento dunha comunidade virtual en torno á Axencia de Turismo de Galicia que inclúa tamén o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo.
  • Custos e desenvolvemento dunha campaña de publicidade anual (dúas para todo o contrato) nas redes sociais de Turismo de Galicia e o Camiño de Santiago para posicionar e patrocinar contidos.
  • Custos e desenvolvemento dunha campaña anual (dúas para todo contrato) nas redes sociais do Centro Superior de Hostelería de Galicia e outros medios dixitais, incluídas as creatividades, para posicionar e patrocinar contidos desta entidade docente.

Orzamento base de licitación: 200.000,00 con IVE.
Presentación no rexistro antes do 25/03/2019 ás 14:00 h.
Máis información neste link.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos