A Consellería do Mar abre un procedemento para contratalos servizos de seguimento de medios de comunicación que consiste en realizar un dossier de prensa impresa e audiovisuais diario (de luns a domingo, festivos incluidos) que recolla as noticias de interese para este organismo.
A prestación do servizo de monitoring de prensa escrita de difusión nacional e rexional realizarase a través dunha plataforma web que propoña a propia empresa que permita xerar dossiers en PDF e navegar por un calendario histórico.
O dossier deberá estructurarse nas seguintes sección: Consellería, Portos de Galicia, Marítima, Actualidade, Portadas e Opinión.
O dossier audiovisual realizarase coas noticias de interese emitidas nas emisoras de radio e televisión con programación rexional e local con cobertura en Galicia.
Orzamento base de licitación: 15.253,26 con IVE.
Data e hora límite para a presentación de ofertas: 29/04/2019 ás 14:00 h.
Máis información aquí.