A Consellería do Medio Rural convoca concurso para Servizo de seguimento de medios de comunicación. A prestación do concurso consiste en realizar un dossier de prensa e radio a nivel nacional e rexional (de luns a domingo, festivos incluidos) que recolla as noticias de interese para a Consellería:
- A prestación do servizo realizarase a través dunha plataforma web que propón a propia empresa
- A web debe permitir diversos modos de visualizar as noticias, xerar dossiers en PDF e navegar por un calendario histórico
- Facilitarase o acceso a web a determinado persoal que designe a Consellería
- Facilitarase a formación necesaria aos usuarios
- Este dossier facilitarase á primeira hora da mañá (sempre antes das 8.15h)
- Deberá estruturarse en cinco seccions: Consellería, Medio Rural, Actualidade, Portadas e Opinión
O prazo de duración do contrato será de doce meses, a contar dende o día seguinte á sinatura do contrato.
Importe: 14.215,08 € con IVE
Prazo presentación da oferta: 08/08/2018 ás 10:00h
Toda a info disponible no seguinte LINK