NRede

Soben a 14 as cabeceiras con selo Medio Dixital Galego «NRede»

O rexistro NRede de medios dixitais galegos creado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia continúa a incluír novas cabeceiras. Polo de agora son 14 os medios acreditados con este selo de garantía que certifica o seu traballo xornalístico.

As últimas incorporacións son: GCiencia, La Alacena Roja e o Xornal de Bueu. Desta maneira o selo garante que a súa información é froito dun traballo profesional. Tamén que respecta a deontoloxía do xornalismo, nunha mostra que dá conta do variado do ecosistema mediático dixital galego.

Coa inclusión destes medios elévanse a catorce os acreditados ao sumárense a Galicia Confidencial; Galiciapress; GCDiario; Lugo Xornal; Mundiario; Pontevedra Viva; Praza Pública: Tempos Dixital; Xornal da Mariña; Xornal de Lemos; e Xornal de Vigo. Todos eles cumpren cos requisitos de desenvolverse principalmente na contorna dixital, cubrir información de interese xeral mediante contidos propios actualizados periodicamente. Tamén están ao corrente das obrigas con Facenda e a Seguridade Social e teñen no cadro de persoal ou na organización empresarial, cando menos, unha persoa licenciada ou graduada en Xornalismo ou colexiada no CPXG.

A inscrición para conseguir o selo NRede continúa aberta para todos os medios dixitais interesados a través da páxina web do CPXG.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos