St.-Petroni-artesáns

St. Petroni e o Xacobeo apostan polos artesáns galegos

  • O vermú artesán St.Petroni pon en valor aos artesáns galegos e o seu «saber facer» cunha nova campaña na que aposta pola tradición
  • Unha nova acción feita en colaboración coa fundación de Artesáns de Galicia e o Xacobeo 2021-2022 cós que a compañía comparte valores

O vermú artesán de orixe galega St.Petroni, lanza un novo proxecto xunto á fundación Artesanía de Galicia e o Xacobeo 2021-2022 no que apostan polo apoio aos artesáns galegos e en manter e potenciar o «saber facer» de Galicia. A campaña consta dunha serie de vídeos difundidos a través das redes sociais que contan coa participación de varios artesáns de Galicia nos que contan a súa historia e o valor da artesanía e a tradición. Valores que, tanto artesáns como St.Petroni, comparten.

Baixo o nome «Para que no se pierda» queren mostrar como o paso do tempo fai minguar as profesións máis tradicionais por mor ao avance das novas tecnoloxías. Os videos contan coa participación de Rodrigo Xiráldez e tamén con outros tres artesáns, que participarán nos capítulos seguintes. Con esta campaña, tanto St.Petroni, como Artesanía de Galicia e Xacobeo, queren dar voz a tódolos aqueles que fan de Galicia un lugar máis especial e autentico.

Rodrigo Xiráldez – Pedra Stone Designs

O artesán Rodrigo García Xiráldez, especializado en pedra, é o primeiro protagonista desta acción de St. Petroni, que lanzou o seu primeiro episodio o pasado 1 de marzo mediante a súa canle de Youtube. Rodrigo foi criado entre petroglifos e catedrais, o que fai que este artista aporte un novo aire ó granito, dende un deseño escultórico de autor. As súas creacións adquiren unha historia, e se convirten en patrimonio para a seguinte xeración.

Cada proxecto deseñado por Rodrigo equilibra a tecnoloxía coa mellor habilidade artesanal. Unha posta en valor polo único e o duradeiro, nunha combinación equilibrada entre deseño e arte. As súas obras personalizadas no taller son únicas e exclusivas para cada cliente, aportándolle un valor especial a cada creación.

“Tanto Petroni como Pedra, buscamos preservar as tradicións, facelas visibles e tamén poñelas en valor. A pegada que me gustaría deixar é poder conseguir que a xente que veña detrás miña poida seguir con este oficio, que poidan vivir del dignamente e que o patrimonio galego se poida manter dun xeito digno.”

Rodrigo Xiráldez

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos