- Malia non aparecer no diccionario, a votación popular promovida pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié no Portal das Palabras, escolle a «tanxugueiras» como palabra do ano 2021
- Un termo que en singular fai referencia ás terras da parroquia de Fumaces, no concello de Riós (Ourense), en plural está moi popularizado grazas ó trío feminino ourensá «Tanxugueiras» que no 2022 loitará por representar a España en Eurovisión
Xa temos a verba máis popular deste 2021 en Galicia. Non é outra que «tanxugueiras» e foi escollida na votación popular que provomeron a Real Academia Galega e a Fundación Barrié a través do Portal das Palabras. O obxectivo desta enquisa creada en 2014, un clásico xa á final de ano, é difundir, modernizar e poñer en valor ó léxico galego. Malia que a palabra gañadora non está recollida no diccionario da lingua galega, é unha verba moi popularizada nos últimos tempos gracias ó grupo musical feminino «Tanxugueiras» que no 2022 pode ser o grupo elixido para representar a España en Eurovisión.
¿Qué é unha «tanxugueira» ?
O termo «tanxugueira» fai referencia en singular, ás terras da parroquia de Fumaces, no concello de Riós (Ourense). Este topónimo tamén o podemos atopar noutros concellos galegos, por exemplo en Catoira (Pontevedra), Dodro (A Coruña) e Viana do Bolo (Ourense). Estes topónimos recóllense en Galicia Nomeada, a plataforma para a recolleita colaborativa da microtoponimia galega, creada pola Real Academia Galega e a Xunta de Galicia.
Tamén fai referencia ó topónino do lugar onde habitan moitos teixugos, tamén coñecidos como «porco teixo». Este animal habita ás zonas circundantes aos ríos. É un animal silandeiro e difícil de albiscar. Debido a que hiberna, pasa o verán comendo, facendo os seus destrozos habituais nas leiras dos galegos e comendo castañas. Atópanse numerosos refráns galegos referentes ó animal: «si queres sudar e botar o frío fora, come teixugo»; «ser bolecho coma un porco teixo» ; «duro coma un teixugo ou feo coma os teixugos».
O grupo musical ourensá «Tanxugueiras», formado por Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, foron as encargadas nos últimos tempos de popularizar esta verba. Afirman que escolleron ese nome en referencia precisamente a unhas terras da parroquia de Fumaces.
«Tanxugueiras» camiño a Eurovisión
O grupo de música tradicional galega Tanxugueiras encóntrase dentro dos clasificados para representar a España no concurso televisivo de Eurovisión 2022. Estas pandereteiras participarán no Benidorm Fest en xaneiro de 2022, xunto outros clasificados coma son Azúcar Moreno ou Rayden. As rapazas galegas posicionánde como favoritas para representar o noso país despois de gañar a «Elección Interna 2022» promovida polos Eurofans.
Posta en valor do léxico galego
Nesta clasificación do ano 2021 seguen por orde na escolla a «tanxugueiras», os termos resiliencia, vacinódromo e gromo. A pandemia reforzou este tipo de verbas e fomentou a creación de neoloxismos.
En anteriores edicións foron elixidas como Palabra do Ano: «nós» (2020), «sentidiño» (2019), «deseucaliptización» (2018), «afouteza» (2017), «irmandade» (2016) —coincidindo co centenario das Irmandades da Fala—, «refuxiado-a» (2015) e «corrupción» (2014).