Televisión de Galicia remata 2018 cunha audiencia media do 10 %

  • A TVG mantén a segunda posición e é, xunto con TV3, a única que supera unha cifra de dous díxitos entre as canles da FORTA
  • A programación especial de Nadal tivo moi boa acollida por parte da audiencia, destacando o 16,5 % da gala especial de Fin de Ano

Televisión de Galicia acada unha cota de 10 % no acumulado anual de 2018, cifra que sobe ata o 10,8 % durante o prime time. A canle pública galega segue a actuar coma un dos principais motores de FORTA ao situarse dous puntos por riba da media, que é de 8,1 % no conxunto do día; mentres que, na faixa de maior consumo televisivo supera ao conxunto das canles autonómicas en máis de tres puntos.  A TVG mantén a segunda posición e é, xunto con TV3, a única que supera unha cifra de dous díxitos entre as canles da FORTA.

A canle pública galega pecha o ano 2018 en liña ascendente, cunha cota media no total día de 10,3 % no mes de decembro, que aumenta ata o 11,7 % na faixa do prime time. Estes datos supoñen un ascenso de oito décimas con respecto a novembro, e de 1,5 puntos de cota no caso do prime time. Os días da semana máis destacados foron luns e venres cunha audiencia media do 11,4 e 11,6 por cento, respectivamente. En relación ao prime time, o mellor dato é para o xoves, en que o Land Rober Tunai Show eleva a media ata un 14,4 por cento.

A faixa informativa das 13.30 ás 15.30 horas é a máis destacada do día, e mantén o seu liderado cunha cota de 17,7 % no conxunto do mes. Este dato sitúaa 4 puntos por riba de Antena 3, a seguinte canle competidora na lista, e 6 puntos por riba de Tele5. Os datos de luns a venres son aínda mellores, xa que un 18,1 % dos galegos escollen a Televisión de Galicia para informarse nesta faixa, moi por diante de Antena 3 e Tele5, cun 14,2 % e 12,3 % respectivamente.

A programación especial de Nadal tivo moi boa acollida por parte da audiencia, destacando o 16,5 % da gala especial de Fin de Ano. Os informativos de Nadal tamén lograron fitos e cotas próximas ou por riba do 30 % como o Telexornal Serán 21.00 do día 24 (30,3 %), e por suposto Land Rober Tunai Show Noiteboa que, cun 30 % de audiencia, foi tamén líder absoluto en Galicia. Con relación á distribución TDT, a cota media da TVG ascendeu a un 11,7 %.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Banner-extradigital-noviembre-300x600-3
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos