- As dúas axencias coruñesas posicionáronse, con tres Paraugas cada unha, como as máis distinguidas da noite nas categorías máis vistosas de Comunicación, Marketing, Creatividade e Deseño; Hijos de Rivera recolleu catro premios
- Preto de 300 profesionais e empresas galegas encheron Expourense na festa por excelencia do ano no sector do Marketing e da Comunicación de Galicia, que está organizada polo Clúster da Comunicación de Galicia
Os Premios Paraugas volveron a abrirse en Expourense diante de preto 300 persoas. O Clúster da Comunicación de Galicia celebrou este venres a entrega de premios do sector do marketing e da comunicación de Galicia. Unha festa para axencias e anunciantes na que se repartiron un total de 20 premios, entre os 60 finalistas seleccionados. As axencias Tony Le Brand e Tío Phil e o anunciante Hijos de Rivera, foron os máis premiados dos Premios Paraugas deste ano.
Unha entrega de distincións que un ano máis foi dirixida polos xornalistas Belén Xestal e Luis Fraga e na que o tamén xornalista, Xabier Fortes, recibiu un dos premios honoríficos. O outro, foi parar o histórico publicista José María Lapeña.
As axencias Tony Le Brand e Tío Phil as máis premiadas
A dúas axencias coruñesas posicionarónse este ano como as máis mencionadas da noite. Levaron algún dos premios máis vistosos da noite, os das categorías de Comunicación, Marketing, Creatividade e Deseño. Abriron tres Paraugas cada una, sendo as axencias máis premiadas da gala. Pola súa banda, Hijos de Rivera, volveu ser unha edición máis o anunciante máis premiado.
A continuación deixámosvos o palmarés dos VII Premios Paraugas ao completo:
Categoría Impresión e Edición
“Mellor libro”: Francesc Torres. Crebas. Gráficas Anduriña.
“Mellor Catálogo Comercial”: Tecsoled Professional Lighting Tools. Meraki Creatividad.
“Mellor traballo feito en Impresión Dixital”: Tokyo Nights. Tórculo Comunicación Gráfica.
Categoría Deseño (Premios GAIN)
“Mellor Deseño Gráfico”: Tempos Novos. Daniel Pino.
“Mellor Deseño Industrial ou de Produto”: Oco. Cenlitrosmetrocadrado – Rodiñas
“Mellor Deseño Dixital”: web Médula Flor. Tío Phil.
Categoría Creatividade
“Mellor Idea”: Tahona Entroido. Kindergarten.
“Mellor Campaña”: La Resistencia continúa. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Estrella Galicia).
“Mellor Produción (Craft)”: Prohibido bajar los brazos. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Estrella Galicia).
Categoría Márketing Dixital (Premios .Gal)
“Mellor Estratexia de Márketing Dixital 360”: Lo nuestro es lo tuyo. Estratividad – CEAC.
“Mellor Campaña de Performance Márketing ou Márketing de Resultados para un Produto ou Servizo”: Holaluz. Bysidecar.
“Mellor Campaña de Social Media”: Beca RUNKI al Maratón de NYC. Nasas – ENKI.
Categoría Márketing (Premios Avante)
“Mellor Estratexia/Acción de ‘Branding”: XMAS GIFT, un food film by Frinsa. Reclam.
“Mellor Estratexia/Acción de Produto ou Servizo”: Campaña Judías La Viuda de Parada y Alvela. Tío Phil.
“Mellor Estratexia de Márketing”: La Resistencia continúa. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Estrella Galicia).
Categoría Comunicación (Premios Roi Scroll)
“Mellor Estratexia de Comunicación Externa”: Volta á Orixe. Siete Olas Comunicación – Orixe.
“Mellor Estratexia de Comunicación Interna”: Jealsa segura. Tío Phil.
“Mellor Práctica na Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial”: Gastronomía para una Inmensa Minoría. Hijos de Rivera (Cervezas 1906). Esmerarte.
Categoría Eventos (Premios TAC!)
“Mellor Congreso”: deserto
“Mellor Evento”: Premios Mestre Mateo. Quattro idcp – Academia Galega do Audiovisual.
Foto de portada: Brais Lorenzo