TVG Concurso

TVG abre convocatoria para proxectos dixitais por valor de 330.000€

A TVG abre unha nova vía de produción e colaboración co sector audiovisual galego. Faino a través dunha convocatoria de selección de proxectos dixitais por un valor de 330.000 euros.

Todos eles terán que ser en lingua galega e elixiranse ata 42 proxectos destinados á emisión a través das canles dixitais, páxina web e redes sociais do ente público. As propostas deberán ser contidos de ficción, humor, divulgación, educación, cultura ou infotainment ;en formato longo ou en forma de microespazos/serie.

Doce deberán ser pezas de vídeo cunha duración entre 5 e 50 minutos; e cun orzamento por proxecto non superior aos 20.000 € máis IVE. Os outros trinta deberán estar compostos por un conxunto de pezas de vídeo cunha duración mínima por peza de medio minuto e máxima de 10’. O orzamento de cada proxecto non poderá superar os 3.000 € máis IVE.

A convocatoria da TVG estará aberta ata o 15 de agosto e enmárcase na estratexia de dixitalización, innovación e posicionamento dos medios públicos galegos na contorna dixital e a súa relación co sector audiovisual.

¡Consulta aquí toda INFORMACIÓN SOBRE A CONVOCATORIA!

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Banner-extradigital-noviembre-300x600-3
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos