-
Na acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas inscribíronse 102 concellos e 7.223 axentes colaboradores, así como as deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra
-
Dende o site facilítanos unha serie de material descargable para implementar a campaña que inclúe carteis, bandeiras, bolsas, camisetas, chapas, lonas, mandils, manteis, mochilas, paraugas, pegatinas… e calquer outro deseño que poda ser necesario
Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero – o vindeiro domingo 25 de novembro – volve “En Negro Contra As Violencias”, una campaña diseñada por Uqui Permui no ano 2015 para o Concello de Santiago que xa resultara gañadora do mellor deseño gráfico nos premios de Comunicación e Marketing de Galicia, organizados polo Cluster de Comunicación.
A campaña En Negro Contra As Violencias é unha acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas, na que hoxe están inscritos 102 concellos e 7.223 axentes colaboradores. Calquera pode participar tinguindo seu comercio, lugar de traballo ou as ventás da súa propia casa de negro. E, para axudar a implementar a campaña, dende o site facilítanos unha serie de material descargable que inclúe carteis, bandeiras, bolsas, camisetas, chapas, lonas, mandils, manteis, mochilas, paraugas, pegatinas… e calquer outro deseño que poda ser necesario.
Os concellos que se adhiran deberán ter un compromiso político e técnico para espallar a acción e mobilizar a poboación e os axentes sociais e económicos para tinguir de negro as vilas e cidades galegas. Ademais dos concellos, tamén tres das catro deputacións galegas se sumaron xa a #EnNegroContraAsViolencias. Lugo, A Coruña e Pontevedra producirán material da campaña para os concellos participantes das súas respectivas provincias.