Xa está disponible a serie documental “O pórtico da Gloria, polos séculos dos séculos”

  • Trátase de catro pezas estreadas xa na TVG que describen as distintas fases da restauración e a iconografía do monumento, que rematou o ano pasado
  • É unha produción propia da TVG que foi posible grazas a un convenio asinado pola CRTVG, a Fundación Barrié e a Fundación Catedral

Despois da estrea en TVG de ‘O pórtico da Gloria, polos séculos dos séculos’, a serie documental que afonda na restauración desta obra mestra da catedral de Santiago de Compostela, os catro capítulos están dispoñibles na web na sección #Á Carta. Os documentais revelan o longo proceso da recuperación integral do Pórtico, que rematou o ano pasado: os estudos previos, a urxencia da actuación e os detalles da limpeza da pedra ou a preservación da policromía, así como explicación da iconografía do Pórtico e a figura do Mestre Mateo.

Esta serie documental é unha produción propia da TVG gravada coas novas cámaras de alta definición por un equipo da canle pública que acompañou de xeito intensivo durante catro meses os traballos de restauración do Pórtico. Ao longo de máis de 40 entrevistas, os xornalistas tiveron a oportunidade de falar cos equipos técnicos así como con expertos en patrimonio, arquitectura ou historia para coñecer de primeira man todo o proceso, que se levou a cabo durante 10 anos.

O primeiro documental, ‘Pedra e auga’, trata sobre a situación de humidade e as condicións climáticas que afectaron a obra e como foi recuperada a pedra. A serie continúa coa emisión de ‘Policromía’, peza en que a audiencia descubrirá todo o relacionado co proceso de recuperación das cores do pórtico e os traballos de investigación que se fixeron sobre as capas de policromía existentes. A terceira entrega leva o título ‘O Mestre Mateo e a catedral de Santiago’, e mostra a relación deste persoeiro coa xoia arquitectónica que el mesmo creou. E a cuarta e última peza documental interésase pola simboloxía dos elementos do Pórtico da Gloria: Que queren dicir as estatuas que están representadas? As respostas atópanse en ‘Iconografía’.

As incontables horas de gravación resultaron nesta completa serie de catro pezas de algo máis dunha hora de duración cada un. A súa realización foi posible grazas a un convenio de colaboración entre a CRTVG, a Fundación Barrié e a Fundación Catedral, as dúas promotoras da recuperación do monumento, en colaboración coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Instituto do Patrimonio Cultural de España (IPCE) do Ministerio de Cultura e Deporte.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos