premios galicia de innovación e deseño

Xa podes presentar a túa candidatura aos III Premios Galicia de Innovación e Deseño!

  • A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), convoca a terceira edición destes galardóns que recoñecen o labor das persoas e empresas que contribuen ao desenvolvememento de Galicia a través da Innovación e o Deseño
  • O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o vindeiro 4 de xullo, poderán ser candidatas as persoas físicas nacidas en Galicia e as persoas xurídicas que teñan polo menos un establecemento permanente na comunidade

Uns galardóns que neste 2022 celebran a súa terceira edición. Teñen como obxectivo servir de exemplo a todo o tecido empresarial galego no que se refire a Innovación e o Deseño. E que estas disciplinas cumpren un papel esencial para mellorar a competitividade das empresas e, en definitiva, a calidade de vida das persoas. O prazo para a presentación de candidaturas aos III Premios Galicia Innovación e Deseño xa está aberto. Todos os interesados poderán presentarse ata a vindeiro 4 de xullo.

Categorías

Estes premios convocados pola Xunta de Galicia a través de Axencia Galega de Innovación (Gain), contan con seis categorías. Tres de Innovación e outras tres de Deseño. A primeira delas está composta polas categorías de Traxectoria Innovadora (15.000€), Grande Empresa (premio honorífico) e Pequena e Mediana empresa (15.000€). Buscan recoñecer o traballo de empresarios e profesionais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose unha das súas características relevantes; a grandes empresas cunha actividade innovadora ao longo de, como mínimo, a última década; e as pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos os últimos cinco anos.

As categorías de Deseño son Profesionais (15.000€), Empresas (premio honorífico) e Talento Emerxente (15.000 €). Distinguen o traballo dos profesionais do deseño (persoas físicas ou equipos de profesionais) cunha traxectoria de alomenos dez anos de recoñecido prestixio no sector; empresas consolidadas que incorporasen o deseño a súa estratexia empresarial ao longo de, como mínimo, a última década; e deseñadores de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos.

Requisitos

Poderán ser candidatas as persoas físicas nacidas en Galicia. Así mesmo, as persoas xurídicas que teñan polo menos un establecemento permanente en Galicia e que manteña a súa actividade. As candidaturas da categoría de Talento Emerxente , deberán contar, como mínimo, con dous avais de persoas de recoñecido prestixio no ámbito do deseño. Un mesmo candidat@ poderá propoñerse para unha ou varias categorías. Para iso é imprescindible enviar unha proposta de solicitude diferente e completa, con toda a documentación requirida, para cada categoría presentada.

Proceso de presentación e documentación

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do seguinte FORMULARIO NORMALIZADO que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. A avaliación das candidaturas levarase a cabo por dous xurados. Un para os galardóns correspondentes á sección de Innovación e outro para os da sección de Deseño. As bases reguladoras completas e os detalles do procedemento e da documentación a presentar, poden consultarse no DOG do 2 de maio de 2022.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos