xornadas agapi extradigital

Xornada en liña ‘As periferias tamén existen. Producindo desde Galicia’

  • AGAPI organiza o 11 de decembro este encontro para analizar os aspectos relacionados coa produción dun proxecto audiovisual
  • A xornada será de balde e retransmitida en streaming pero precisará dunha inscrición previa

Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza o vindeiro día 11 de decembro unha xornada de formación en liña dedicada a analizar os aspectos relacionados coa produción dun proxecto audiovisual. Estas xornadas contan co apoio e colaboración da Deputación da Coruña.Baixo o título ‘As periferias tamén existen. Producindo desde Galicia’ preténdese poñer o foco en diversas cuestións como a produción para o mercado internacional, o deseño de produción desde plató ou a importancia da postprodución sonora. A xornada será de balde e retransmitida en streaming pero precisará dunha inscrición previa. Os/as interesados/as deberán enviar un correo a prensa@agapi.gal antes do 9 de decembro, indicando nome, apelidos e enderezo electrónico.

PROGRAMA

10h. Benvida. Felipe Lage, presidente de Agapi e produtor en Zeitun Films.

10.15h-10.45h. A irrupción das series en galego nas plataformas de VOD. Alfonso Blanco, Portocabo.

10.45h-11.15h. A importancia da postprodución sonora. Jacobo Peña, Cinemar Films.

11.15h-11.45h. Marketing de contidos. Creatividade, produción e innovación ao servizo das marcas. J.A.Velo, Astrágalo Studio.

11.45h-12.15h. O deseño de produción desde plató. Javier López, Tex45.

12.15-13h. Producindo para o mercado internacional. Ruth Chao, Somadrome e Felipe Lage, Zeitun Films. Modera: Iván Patiño, Amanita Studio.

13h.-13.30h. Horizontes a trazar tras o éxito do filme ‘O que arde’. Andrea Vázquez, Miramemira.

13.30h-14h. Preguntas foro. Moderado por Felipe Lage, presidente de Agapi e produtor en Zeitun Films.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos