Xunta Gadis galego TikTok

A Xunta alíase con Gadis para poñer en valor o galego a través de TikTok

Supermercados Gadis e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, asinan un acordo de colaboración para promover o uso do galego en plataformas dixitais coma TikTok. O obxectivo é potenciar e recoñecer o talento dos mozos que utilizan este idioma para crear contidos orixinais e innovadores nas redes sociais.

A empresa lanzará un concurso de vídeos creativos en TikTok este verán, entre os meses de xuño e setembro. Serán premiadas as mellores pezas en diferentes disciplinas: arte, música, audiovisual e poesía. Os criterios de valoración terán en conta a calidade técnica e do contido, así como a xenialidade amosada no seu desenvolvemento.

Con esta colaboración a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Gadis e a Xunta queren establecer vínculos para poñer en valor o Día das Letras Galegas de forma permanente.

Achegarnos á mocidade e visibilizar o seu talento, á vez que favorecemos o emprego do noso idioma aproveitando as ferramentas que nos ofrecen as plataformas dixitais é un dos nosos obxectivos. Tamén queremos amosar o valor da colaboración público-privada no eido cultural e creativo”

Supermercados Gadis.
Longa traxectoria apoiando o idioma e a cultura galega

Como empresa 100% galega, Gadis foi pioneira en Galicia no recoñecemento e difusión da lingua galega, así como das súas diferentes manifestacións culturais. Cada ano, emprende diversas iniciativas para celebrar o 17 de maio. En 2023 pretende ampliar a súa conmemoración e alcance con este concurso para chegar aos galegos e galegas máis novas.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos