premios-cultura-galega

Zaza Ceballos e “Dígocho eu”, Premio Cultura Galega 2021

  • Os Premios da Cultura Galega 2021, recoñecen a directora cinematográfica e produtora Zaza Ceballos e o programa da CRTVG “Dígocho eu” nas categorías de Audiovisual e Lingua
  • Bernardino Graña, Antón Pulido, Nova Galega de Danza, Natalia Lamas, o mosteiro de San Pedro de Rocas e a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina completan a listaxe de premiados

Os Premios da Cultura Galega ya teñen os seus gañadores de 2021 e o audiovisual galego está de noraboa. A directora de cine Zaza Ceballos e o programa “Dígocho eu” da CRTVG, atópanse entre as personalidades e iniciativas premiadas este ano. Uns galardóns da Xunta de Galicia que recoñecen a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construción cultural da comunidade.

Zaza Ceballos e “Dígocho eu” dinstinguidos en 2021

Precisamente na categoría Audiovisual, o xurado recoñeceu o papel de Zaza Ceballos. Produtora, escritora, directora cinematográfica, e unha das pioneiras do audiovisual en Galicia. Lembremos que, a tamén directora e produtora executiva de Zenit Televisión, ven de recibir a Medalla Emilia Pardo Bazán 2021 pola súa labor centrada no recoñecemento á muller.

Por outra banda, o programa “Dígocho eu” da CRTVG, foi distinguido co premio na categoría de Lingua. Presentado por Esther Estévez, trátase dunha exitosa iniciativa a través da cal se resolven dúbidas sobre lingua galega de maneira sinxela e eficaz a través de micropezas audiovisuais. Para elo, emprégase unha linguaxe comunicativa e moderna que conecta có público de todas as idades.

Listaxe completa de premiados

Os Premios da Cultura Galega tamén recoñeceron a Bernardino Graña na modalidade de Letras. A Antón Pulido no campo de Artes Plásticas. A Nova Galega de Danza na categoría de Artes Escénicas. A Natalia Lamas no ámbito da Música. Ao mosteiro de San Pedro de Rocas na modalidade de Patrimonio Cultural e, por último, á Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina no apartado de Proxección Exterior.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos